Aberta ao tráfico a estrada cortada en Laza (Ourense) após quedar atascado un camión

A estrada OU-1052 ao seu paso polo municipio ourensán de Laza quedou aberta ao tráfico despois de que este martes un guindastre retirase o camión que se quedou atascado o luns pola tarde.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2018 | Actualizada ás 16:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A estrada OU-1052 ao seu paso polo municipio ourensán de Laza quedou aberta ao tráfico despois de que este martes un guindastre retirase o camión que se quedou atascado o luns pola tarde.

Así o confirmaron a Europa Press fontes de Protección Civil, que relataron que un guindastre retirou o vehículo, ao que procederon a cambiar "algunha roda" e atender "algunha deficiencia leve".

Após a retirada da zona na que quedara atrancado, o vehículo foi levado a unha zona próxima na que non entorpece o tránsito do vehículo ata que retome a marcha.

O camión quedou atrancado nunha das estradas que une Cerdedelo e Toro, que se coñece como a Ruta do Marroquí, ao chegar ao lugar por erro. O vehículo, conducido por un traballador polaco, estaba atascado encima dunha ponte.

Efectivos de Protección Civil, ademais, acudiron na mañá deste martes a levar víveres ao condutor, que non quixo deixar o vehículo, no que pasou a noite.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta