Os últimos días de Samuel Prada, o galego antifascista asasinado en Siria polos turcos

A finais do pasado mes chegaban á cidade siria de Afrín, procedentes da autoproclamada Federación do Norte de Siria (Rojava), un grupo de voluntarios de Europa, Asia e América para loitar contra as “fascistas” forzas turcas. Entre eles estaba Samuel Prada León. Os turcos din que mataron a "terroristas". Vídeos dos brigadistas asasinados no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2018 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O pasado 20 de xaneiro Turquia iniciaba co beneplácito de Rusia e Estados Unidos a operación “Ramo de Oliveira” para expulsar ás Unidades de Protección Popular (YPG, polas súas siglas en kurdo) do cantón de Afrín, un lugar étnicamente curdo e que os turcos consideran unha ameaza para as súas fronteiras ao considerar que son alidados do PKK.

Samuel Prada León
Samuel Prada León

Poucos días despois –en torno ao 26 de xaneiro-- chegaba a capital dese cantón, procedentes da autoproclamada Federación do Norte de Siria (Rojava), un grupo de voluntarios extranxeiros de Europa, América e Asia para axudar aos curdos a loitar contra as “fascistas” forzas turcas. Entre eles, ademais de canadianos, chineses, estadonidenses, holandeses, franceses e bretóns había un galego, Samuel Prada León, de Ourense. 

"O camarada Kendal veu de Francia a Curdistán e o camarada Baran veu de España. No verán de 2017, ambos uníronse aos cadros das Unidades de Protección do Pobo (YPG), e xogaron un rol activo na loita contra o reaccionismo do ISIS [Estado Islámico]", apuntaba un comunicado emitido polas YPG/J entón. "Ambos os camaradas fixeron grandes esforzos para liberar as principais bases do ISIS, como as cidades de Raqqa e Deir Ezzor, e participaron continuamente na guerra durante meses", engadía.

LOITAR CONTRA  OS “FASCISTAS” TURCOS

O grupo de once milicianos estranxeiros que chegaron a Afrin a finais de xaneiro veu e a combatir contra os “fascistas” turcos e sabían do perigo ao que se enfrontaban. De feito, nun vídeo distribuído polas YPG podíanse ver a distintos membros dese grupos, entre eles, ao bretón asasinado. Crese que Samuel era un dos que aparece encarrapuchado. "Combatemos o terrorismo fascista que agora está baixo unha nova bandeira, a turca", aseguraba un dos milicianos no vídeo anterior, ditribuído polos curdos.

Milicianos estranxeiros chegados a Afrín (Siria) a finais de xaneiro de 2018. Quen fala é o bretón coñecido como Kendal Breizh, asasinado canda Samuel Prada León, polos turcos
Milicianos estranxeiros chegados a Afrín (Siria) a finais de xaneiro de 2018. Quen fala é o bretón coñecido como Kendal Breizh, asasinado canda Samuel Prada León, polos turcos | Fonte: YPG

“Nós, os combatentes internacionais das YPG en Rojava, viñemos a Afrín para loitar contra o Estado fascista de Turquía”, dicía e lembraba as operacións realizadas contra os terroristas de EIIL (Daesh, en árabe) nas cidades sirias de Deir Ezzor (este) e Al-Raqa (norte). “E agora tamén imos facer fronte tamén aos fascistas turcos en Afrín”, sinalaba. “Loitaremos ata a morte contra os turcos terroristas... Non quedaremos cos brazos cruzados mentres os territorios que recuperamos de Daesh estean a sufrir unha nova invasión”, indicaban algúns destes loitadores.

OPERACIÓN EN YANDARIS

Dous deles, Samuel e o seu amigo bretón, falecían o pasado día 10 de outubro. Sjoerd Heeger, holandés, morría uns días despois. A YPG non facilitou o lugar da súa morte pero algunhas fontes apuntan que podería ser en Yandaris. A localidade, ao sueste de Afrín capital, que leva varios días baixo un intenso fogo da artillería turca e das súas milicias islamitas aliadas.  O día no que morreu o galego foi, precisamente, a xornada máis negra para a operación “Rama de oliveira”: 11 soldados turcos morreron e once resultaron feridos, en parte pola derribo dun helicóptero, a mans das YPG, tal e como se pode ver no video anterior.

Baran Galicia (choiva de Galicia) e o seu amigo bretón Olivier François Jean Le Clainche, Kendal Breizh (cantil de Bretaña) levaban xuntos desde a campaña de Deiz Ezzor e compartiran xa varias misións conxuntamente. Os dous estaban en Sinyar (Irak), antes de trasladarse, novamente a Siria para combater en Afrin e os dous foron por propia vontade. De feito, o bretón é o que fala no vídeo no que se pode ver a estes milicianos antifascitas.  Os medios turcos cualificaron xa aos tres asasinados como “terroristas”.

MENSAXE DE APOIO DOS "CAMARADAS" BRETÓNS

Pola súa banda, medios como a Agence Bretagne Presse publicou un comunicado dos "camaradas" e amigos do bretón asasinado cando o colega galego. Nel destacan a decisión voluntaria de "Olivier" de loitar en Siria contra os fascismos islamita e turco polas súas "ideas libertarias e revolucionarias".

"El partillaba cos seus amigos curdos, árabes e iazidies as ideas antiimperialistas, antifscistas, antisexistas, ecolóxicas e por un municipalismo libertario, respetando o dereito de todos os pobos a controlar o seu destino", recolle a note. Ademais critica a deriva fascista do estado turco e a inactividade de Rusia, Estados Unidos ou Europa que "so ven polos intereses das súas clases dirixentes". "Só a solidaridade entre os pobos contra os estados imperialista pode pemitir avanzar nunha democracia real", indica.

Este é o comunicado publicado en francés:

 

Notre ami Olivier est parti en tant que volontaire breton pour aider à la défense et au développement de la révolution au Rojava.

 

Il y est décédé le 9 février suite à un bombardement opéré par les forces turques de Recep Tayip Erdogan.

 

Ses idéaux libertaires et révolutionnaires l’avaient conduit à s’intéresser à l’expérience politique du Rojava, puis à s’engager aux côtés des forces kurdes et de leurs alliés (arabes, yézhidis…). Il partageait avec elles des idées anti-impérialistes, anti-fascistes, anti-sexistes, écologiques et pour un municipalisme libertaire, respectant le droit de tous les peuples à maitriser leur destin.

Après s’être formé auprès des YPG (Unités de Protection du peuple), il a rejoint le bataillon international avec lequel il a combattu l’organisation terroriste Daesh d’abord à Raqqa puis dans la région de Deir-Ezzor.

 

Alors que la lutte contre l’ « Etat islamique » touchait à sa fin, une autre organisation de terreur, étatique cette fois, à savoir la Turquie d’Erdogan, a lâchement attaqué un des rares cantons de Syrie encore épargné par la guerre, que ce soit celle d’Assad contre son propre peuple ou celle de Daesh contre le monde. Cette région servait de refuge à une partie de la population syrienne.

 

Notre ami s’est alors immédiatement porté volontaire pour combattre cette nouvelle menace, alors qu’il commençait à penser à son retour parmi les siens.

 

L’absence de réactivité – voire la complicité – des grandes puissances face à la tentative turque de génocide à Afrin montre clairement que ce n’est pas à elles qu’on peut faire confiance pour lutter contre les dérives fascistes. La Russie, les Etats-Unis et l’Europe n’ont en vue que les intérêts de leurs classes dirigeantes. Au contraire, seule la solidarité entre les peuples contre les états impérialistes permet de faire avancer une réelle démocratie.

 

Même si tous ses amis ne partageaient pas la radicalité de son engagement, et l’appréciaient principalement pour son caractère enjoué et sa générosité, nous sommes convaincus qu’Olivier est mort pour une cause juste : celle d’une société libertaire, égalitaire et écologique.

Un rassemblement pour lui rendre hommage sera organisé prochainement.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 bazarra

Por fín o Director Xeral Dubois cedeu as presións para facer imprescindibles ós técnicos de Agader con salarios de Conselleira.????

4 Valdeorras Nazón

A verdade é que o pobre rapaz dá pena. O que non entendo ben é o do "estado fascista de Turquía" cando dun tempo para acá é un estado islamista, moderado pero islamista, e rompeu moito da súa antiga relación con USA. Que agora algún bloqueiro reivindíqueo dá risa, cando manchan os pantalóns só de pensar en ir a Turquía.

1 Eu mesmo

Velaí o testimonio dun axente infiltrado do dictador Erdogan. Ou, ao pior, nin cobra un peso dos turcos. A miseria humana as veces non ten límites. Free Kurdistan!!

2 podreiros miseria moral

aquí esta reflexada a cabroneria de podreiros expaña e de comunistas dependentistas expañolentos, atacan os loitadores internacionalistas, interNACIONALISTAS, atacan os defensores da oprimida nazon curda, un dos pobos arios, mais antigos de oriente, defenden a un dictador e amigo de yihanistas turcomanos o cerdogan, teñen pánico a que un pobo oprimido se defenda coas armas na mao, e o momento de decirlles que o alcalde de SantiAGE de componendas que xa leva 13 anos vivindo da política marche para o curdistan, non e medico acaso, vai esquecer o seu oficio, non pode ser ... GOLFIÑO MERENDIÑO MEDICO DEMOSTRE QUE NON MANCHA OS PANTALONS E MARCHE A AXUDAR COMO MEDICO o territorio curdo!!!-

3 teutonio

Os bloqueiros sempre denunciaron a represión no Kurdistán e as constantes violacións de dereitos por parte da República Turca.

3 Dep

Podían poñer unha rúa co seu nome, Baran Galicia, a chuvia de Galicia.

2 CABALO

ao que fixo Barán Chamaselle solidariedade, como sucedera coas Brigadas Internacionais, cos brigadistas que fomos axudar ao Frente Sandinista, como... Un exemplo de compromiso. SAÚDE.

1 nostrus

El luchar contra el fascismo no te convierte necesariamente en antifascista. Por ejemplo la Division Azul española luchó contra el fascismo comunista, pero a la vez luchó al lado del facismo aleman; conclusion: tablas. Para ser realmente antifascista hay que luchar por la libertad y la democracia.

2 A cabra da lexión

Fascismo comunista? ti debes ser un producto do fracasado ensino clerical-fascista expañol. Do que inventen os demais e Pelayo e a virxe Maria con 300 crstians venceron na cova de Covadonga a 300.0000 sarracenos.. Da "reserva espiritual de Occidente". Fascismo é a dictadura terrorista reaccionaria desatada polos sectores mais reaccionarios e chauvinista do capital monopolista e financieiro que toman o control do estado, Ao chegar o capitalismo a sua fase superior imperialista. Cando as burguesias sinten medo da ira popular revolucionaria, sacan aos seus cans fas.cistas a coidar da casa. Mais os cans sempre durmen fora.

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Nostrus, ti chegaches a estudar algo sobre a II Guerra Mundial? Sóache Roosvelt, Churchill e sabes con quen estaban aliados? Ai, Winston, confeso que non profeso para nada a súa ideoloxía política, pero que home! Que cerebro, que coraxe, que valor, que furia política! Un grande. Por favor, aínda quedamos xentes neste vello continente noso que temos un mínimo de cultura para resistir tópicos mal pensados e peor enfiados de ninistas. E ti, no es nin dos que liches a Gramsi en 20 minutos... A ver, es liberal segundo dis e supoño que descoñeces o que escribiu Adam Smith sobre Bengala...

4 Natasha Rostova delasRestrevas

E que os liberais destes lares sodes tan pouco liberais no fondo: case ningún emprendedes nada, e máis, este debe de ser dos poucos lugares no mundo no que o funcionariado está cheo de neoliberais coma ti. Por min, non hai problema. Sexa. Eu si lin a Gramsci e a Smith... E déixoche outra citiña para ver se amplio os teus horizontes: "I believe it is an established maxim in morals that he who makes an assertion without knowing whether it is true or false, is guilty of falsehood; and the accidental truth of the assertion, does not justify or excuse him." Quero dicir, un ninista da rama do centro esquerda (ou sexa podemita ou mareante) inda pode ter algún argumento coherente de cando en vez (xa se sabe aquilo da fábula de Samaniego e tal), pero un liberal que non coñece nin aos seus clásicos... Ao mellor podedes falar con Iglesias que volos adapte para 15 minutos coma fan tantos dos del con Gramsci.

5 Valdeorras Nazón

Hay que ser muy animal para comparar a este pobre chaval con una panda de borrachos p...teros como los que fueron a Nicaragua a hacer el gili, o con los zoquetes frustrados de las Brigadas Internacionales, buena parte de los cuales fueron fusilados por los propios comunistas en Albacete (André Marty, el carnicero de Albacete alardeaba de haber fusilado "sólo" 500 brigadistas) , o acabaron asqueados por lo que vieron del Frente Popular en Barcelona, como George Orwell.

1 STOP TERRORISMO I$i$

os turcos tratan de resucitar o imperio otomano, estivo o Cerdogan apoiar o islaminato asasino do yihanismo I$I$, xunto con arabias saudistas e demais (moitos son amigos da monoarquia expañolenta), turquia fixo a primer gran xenocidio matando a un millón e medio de cristians armenios, e logo querían resucitar o panturanismo, fixeron guerras con grecia facendo limpeza etinica de 1.200.000 gregos, fan agora gran matanza e masacre cos curdos, entran en siria e fan o que lles da a gana, e logo alguns amigos como "ALI-MARIJUANO" pretenden meter a turquia en europa. Iste rapaz é un exemplo de loita internacionalista, contra o facismo yihanista e o imperialismo do califa cerdogan, o nacionalismo galego debe recoñecer a iste héroe a iste loitador