Un multimillonario predicando austeridade

Dado que José María Aznar non é un OVNI (Oráculo Vehemente Non Identificado) nin é un analista académico de recoñecido prestixio, a dirección do PP debería actuar en consecuencia.Ou arre ou xo.

Por Xesús Veiga | Santiago | 28/01/2011

Comparte esta noticia

Ou son consecuentes co que propón ou proclaman -coa solemnidade formal que reclama o asunto- que o ex-presidente é un francotirador que xa non forma parte do exército que dirixen os inquilinos da rúa Genova

 
Se queren aplicar as receitas do predicador da FAES teñen moita tarefa por diante.Porque se consideran cara a tradución simultánea que se utiliza no debate dalgunhas iniciativas no Senado, mais onerosa resulta a propia existencia desta Cámara para a contabilidade dos recursos públicos.E, coa mesma lóxica, aparecen moitos exemplos posíbeis para executar o “diktat” aznariano:pechar Telemadrid, suprimir o Consello de Contas e o Valedor do Pobo, eliminar as Deputacións, agrupar varias Comunidades Autónomas...Quen lle coloca os limites a esta cruzada rexeneradora do gran líder da dereita española dos últimos trinta anos?
 
Algunhas análises demoscópicas indican que hai tres millóns de votantes do PP que queren unha España uniforme construída sobre as ruínas do actual Estado das Autonomías.Aznar é o seu gurú espiritual e Rajoy non quere perder eses apoios para chegar á Moncloa cunha maioría parlamentaria suficiente.
O gran estadista que se colocou na foto das Azores para entrar nas rúas de Bagdad como axudante do Exército norteamericano, practica a dupla moral característica de moitos “salvadores da patria”:propón que se aplique a tesoira á grande maioría da poboación mentres cobra do erario público, de Endesa e daqueles que queiran facer uso da capacidade influencia derivada do seu pasado como presidente de goberno.
 
Vencer non é convencer.Os millóns de votos que poda recibir, nun próximo futuro, o PP non servirán para santificar a conduta do empresario multimillonario José Mª Aznar.Porque o mal de moitos só indica que padecemos unha epidemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.