Gonzalo Caballero reivindica o compromiso dos socialistas coa igualdade

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o "compromiso do socialismo coa igualdade" e fixo un chamamento a "dar a batalla", con "ideas, valores e argumentos", criticando ao PP que non secunde o paro previsto para o 8 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

No marco dunhas xornadas celebradas este sábado en Santiago con motivo da próxima celebración do Día da Muller, Caballero enxalzou o traballo do seu partido a favor desta causa e, particularmente, na defensa dos dereitos das mulleres. Por iso, instou a "actuar desde os poderes públicos" para combater a fenda salarial e que desemboca en inferiores prestacións por desemprego e peores pensións.

Gonzalo Caballero participa en Xornadas de Muller
Gonzalo Caballero participa en Xornadas de Muller | Fonte: Europa Press

O líder dos socialistas galegos puxo o foco en "visualizar a importancia das mulleres" co paro convocado para o próximo 8 de marzo, e asegurou que o PP "erra" ao "non ser sensible" a esta causa e non participar Precisamente, para Gonzalo Caballero é "esperpéntico" que sexa Baltar o que se sitúe na "vangarda do PP", ao apoiar o paro en contra do criterio do seu partido. "Deixa atrás de forma sorprendente a Rajoy e a Feijóo", ironizou.

Cunha óptica "internacionalista" lembrou tamén que a discriminación que sofren as mulleres "é moi dura" noutros lugares do mundo, nos que carecen de liberdade e ven condicionado o seu futuro.

"UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA"

Na inauguración da xornada 'Galegas no século XXI' participou tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que aludiu á importancia da loita pola igualdade, como unha "cuestión de principios e valores" socialistas e feministas, desde o convencemento de que "a loita da esquerda é a loita pola igualdade".

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apuntou que non só a fenda salarial "ten nome de muller", senón tamén feitos como "o coidado dos maiores e os pequenos". Méndez engadiu que a"a dereita, ben de azul ou de laranxa, sintan mal os movementos" en favor "dunha sociedade máis xusta", como a que impulsa a igualdade entre homes e mulleres.

XORNADAS DE IGUALDADE

Na xornada que se celebrou este sábado en Santiago de Compostela, no mesmo día en que se conmemorou o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, desenvolvéronse dúas mesas de traballo, centradas no papel das mulleres na política e a sociedade.

A primeira estivo moderada pola secretaria xeral do PSOE de Santiago, Mila Castro, e reuniu á presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso, Pilar Cancela; á primeira muller presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; á primeira concelleira de Muller en Galicia, María Xosé Porteiro; á ex secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, e á vicesecretaria xeral de Igualdade do PSdeG, Icía García.

O segundo foro, baixo a batuta da portavoz de Igualdade do PSdeG no Parlamento de Galicia, María Pierres, reuniu á presidenta de Érguete Integración, Carmen Avendaño; á presidenta de Fademur, Rosa Arcos; á coordinadora do Programa Woman Emprende da USC, Eva López; e a Vicepresidenta primeira da Academia Galega do Audiovisual, Tamara Canosa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Fernando G

Ninguén pregunta como é que no mesmo departamento da Uvigo sexan alomenos tres Caballero?

1 Non todos somos iguais

Pois porque estudaron. De feito Abel, é doutorado e profesor pola universidade de Cambridge iso par ir empezando, ou sexa que enchufes non lle fixeron falla. E máis, adicoulle máis tempo a súa carreira na Administración do Estado que a cátedra. A ver se agora por apelidarse Caballero u outro calquera apelido xa é un delito e signo de sospeita. Se ten probas que indique o contrario diríxase o xulgado máis próximo.