O Teatro Principal de Santiago acollerá os Premios Gala do Libro Galego 2018

A cerimonia celebrarase o sábado 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/03/2018 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

A  Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación  Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego. Con estes premios as tres entidades relacionadas co mundo do libro pretenden recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia.

Teatro Principal en Santiago de Compostela
Teatro Principal en Santiago de Compostela | Fonte: Concello de Santiago

Nesta nova edición os Premios da Gala do Libro Galego incorporan novidades en relación ás categorías a recoñecer. Así, a anterior modalidade de literatura infantil e xuvenil dá lugar a dúas modalidades, e incorpóranse os premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado.

En canto ás modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, agora pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos. Valorouse por tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta