Os desfases de Zapatero

Responsabilizar ás comunidades autónomas, ás administracións locais e ós cidadáns dos males económicos que asolan o país é unha máis das cruzadas nas que anda inmerso Rodríguez Zapatero nos últimos tempos.

Por X.M. Barreiro | | 01/02/2011

Comparte esta noticia

Todo vale para tentar zafarse das miradas que o apremian a buscar solucións. Pero calquer estrataxema que empregue é en balde.


A realidade é que o 80 por cento do déficit do Estado é consecuencia directa das decisións inaxeitadas adoptadas polo seu goberno e os cidadáns son conscientes que son eles os que están a pagar as consecuencias dos erros cometidos por Zapatero e os seus ministros.

Son de sobra coñecidas as repercusións do incremento do IVE en todos os eidos, pero a elo hai que engadir que a luz subiu un 10 por cento; o gas case un catro; a bombona de butano máis dun tres, ó igual que os billetes de ferrocarril de media distancia e cercanías e non digamos xa ata onde chegan os carburantes… E eso sin contar que os funcionarios cobran de media un cinco por cento menos; que se conxelaron as pensións; que se eliminiou o cheque bebé; que os parados que agotaron as prestacións non teñen axudas… En fin, un comenzo de ano para esquecer.

E a todos estes males, que xan son moitos, hai que engadirlle os que se cirnen sobre as administracións locais como consecuencia dos erros cometidos polo goberno central á hora cuatificar o importe dos fondos a transferir ás comunidades autónomas, deputacións e concellos.

Esa mala planificación, reiterada ademais pese as ser advertidos de tal circunstancia, levará aparellado outros problemas de consecuencias desastrosas.

Fíxense que Galicia, pese a que o goberno de Feijoo cumpriu escrupulosamente os obxectivos de déficit que lle marcou o goberno central, terá que devolver 2.575 millóns de euros ó Estado a conta dos anticipos recibidos durante 2008 e 2009. Súmenlle ademais os 428 millóns que por este concepto terán que reembolsar os concellos e deputacións. E eso que aínda está por cuantificar a cánto ascende o desfase entre ingresos previstos e reais do 2010 e que haberá que sumar ós anteriores.

É dicir, que despois de todos os apretóns ós que obriga a subida xeralizada de impostos, os lucenses, por aludir ó caso que máis preto nos queda, teremos que rascarnos o bolsillo e devolver ó Estado 56 millóns de euros por culpa da incompetencia de Zapatero.

En fin, que por moito que dende a Xunta de Galicia se actúe con responsabilidade e se conteña o gasto (aí está o aforro de 300.000 euros diarios co catálogo de medicamentos que, aínda por riba, a ministra de Sanidade quere impugnar, ou o concienzuda reducción da administración paralela que se está a acometer e que xa permitiu rebaixar o seu custo en 13 millóns de euros), non poderá esquivar o golpe que suporá esta circunstancia.

Os desfases das contas da leiteira que fai Rodríguez Zapatero pasan factura día a día e cada vez con máis crudeza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA