Temas: MUXíA

Despregadas barreiras anticontaminación após afundirse un pesqueiro en Muxía con 1.500 litros de gasoil

Fontes da Xunta din que a vertedura de combustible do pesqueiro afundido está "confinada na dársena" de Muxía. "O importante é reflotar o buque", di o rexedor, Félix Porto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2018 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Efectivos da Xunta de Galicia despregaron barreiras anticontaminación despois de afundirse un barco pesqueiro sen ninguén a bordo a dez metros do peirao de Muxía (A Coruña) cunha carga de combustible de 1.500 litros.

Barco pesqueiro na ría de Vigo
Barco pesqueiro na ría de Vigo | Fonte: viajares.es

Segundo explicaron a Europa Press fontes da Consellería do Mar, en Muxía hai persoal de Portos de Galicia e do Servizo de Gardacostas que despregaron barreiras anticontaminación.

As mesmas fontes do Goberno autonómico puntualizaron que a vertedura de combustible do pesqueiro afundido está "confinada na dársena" de Muxía.

O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu a alerta do afundimento do pesqueiro sobre as 23,15 horas do luns a través do aviso dun particular. Após o aviso, o 112 informou do ocorrido a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas, á Guardia Civil, a Portos de Galicia e a Protección Civil.

Pola súa banda, o rexedor de Muxía, Félix Porto, destacou que "o importante é reflotar o buque" e comentou que o luns pola noite había "moito cheiro a gas" após afundirse o barco.

Temas: MUXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta