Xornalistas galegas “cántanlle as corenta” aos medios de comunicación pola persistencia das desigualdades

Mulleres profesionais de diferentes ámbitos, idades, condicións e funcións demandan #IgualdadeDePrensa na campaña deseñada polo Colexio de Xornalistas de Galicia para este 8 de marzo, e reivindican a súa propia voz.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2018 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Xornalistas galegas “cántanlle as corenta” aos medios de comunicación pola persistencia das desigualdades. Así o destaca o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) nun comunicado no que anuncia a súa acción para este 8 de marzo co cancelo #IgualdadeDePrensa e no que denuncian a fenda salarial, a corresponsabilidade, o teito de cristal, dobre xornada, discriminación ou estereotipos.

Mulleres xornalistas
Mulleres xornalistas | Fonte: periodismociudadano.com.

Entre as participantes hai nomes como os de Margarita Ledo -a primeira decana da Facultade de Xornalismo-, Tareixa Navaza -o primeiro rostro que nos narrou noticias en galego por televisión-, ou Ana Expósito -a xornalista de medios galegos con máis experiencia na cobertura de conflitos internacionais-; hai mulleres que dirixen medios e coordinan contidos, como Ana Pardo de Vera, Carmen Merelas ou Valeria Pereiras, e tamén moitas reporteiras a pé de rúa.

Tamén mulleres que bregan en seccións que aínda están hipermasculinizadas, como deportes ou economía; e tamén bolseiras, autónomas, guionistas, académicas e especialistas en comunicación dixital. Todas xuntas, cantáronlle as corenta ao noso sector, por todos os trofeos e loureiros que levan os seus xefes ou os recoñecementos que obteñen os seus compañeiros e que silencian moitas veces o traballo invisible de mulleres. 

“Queren brindar polo compañeirismo, polo mérito, e pola igualdade de trato, e para desexar que remate dunha vez o parternalismo, a condescendencia e a discriminación”, indica. As xornalistas galegas tamén queren “poñer boca arriba o conto da raíña do fogar, a fábula da supermamá ou o calote das cremas redutoras de xornada laboral”. “Ter fillos non pode seguir penalizando a calidade de vida das xornalistas, os seus salarios e as súas pensións; non pode seguir constituíndo un agravio comparativo cos homes”, engade.

“A cultura machista é esa ignominia na que agroman as agresións, e pode ser combatida coa boa influencia dos medios. Pero para acabar cos roles, a hipersexualización e  os prexuizos sexistas cómpren as gafas de ver da formación, que aínda escasea en xornais, emisoras e cadeas de televisión”, conclúe.

Margarita Ledo Andión, coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC
Margarita Ledo Andión, coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC | Fonte: Youtube

Xornalistas participantes na iniciativa #IgualdadeDePrensa:

·         María Bragado

·         Loreto Costa

·         Ana Expósito

·         Lara Graña

·         Cristina Huete

·         Margarita Ledo Andión

·         Diana López Varela

·         Carmen Merelas

·         Mercedes Moralejo

·         Tareixa Navaza

·         María Obelleiro

·         María Pardo

·         Ana Pardo de Vera

·         Aida Pena

·         Valeria Pereiras Reza

·         María Xosé Porteiro

·         Belén Puñal

·         Marta Rodríguez

·         Fernanda Tabarés

·         Marta Veiga

·         Andrea Villa

·         María Yáñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

¿ E logo as periodistas cobran menos que os periodistas ? Vai ser que non.Non sei onde estaría a " discriminación" nos xornais.

1 Leike

Si, o que non pode ser é o cinismo dalguns medios sumisos ao poder, que hoxe dedican a portada á igualdade e o resto do tempo apoian e practican a discriminación. Talmente como fan con "el día de las letras gallegas".