Miles de persoas en toda Galicia culminan a "histórica" folga feminista do 8 de marzo

As rúas de gran parte das cidades e vilas galegas enchéronse con milleiros de mulleres e homes para reclamar o fin das desigualdades e a violencia de xénero. A participación e o espírito reivindicativo lembrou ás grandes manifestacións que viviu Galicia, como as dos lumes ou a de Nunca Máis.

Por E.P. | Santiago | 08/03/2018 | Actualizada ás 22:46

Comparte esta noticia

As rúas de Galicia enchéronse de miles de persoas na tarde noite deste xoves 8 de marzo como colofón á histórica folga feminista con motivo do Día Internacional da Muller. As marchas, convocadas en numerosos puntos da xeografía galega, congregaron a milleiros de persoas, na súa gran maioría mulleres, que clamaron polo fin da desigualdade social e económica da muller e contra a violencia machista.

Manifestación 8m Santiago
Manifestación 8m Santiago

Unhas trinta localidades galegas viviron concentracións e marchas que puxeron o punto final á xornada na que miles de mulleres reclamaron en Galicia unha sociedade máis igualitaria. Santiago de Compostela viviu unha multitudinaria manifestación liderada pola lema '8M Folga Feminista' que partiu da Praza 8 de Marzo para concluír ateigando a Praza do Obradoiro. De feito, cando a cabeza da marcha chegou ao lugar onde concluíu aínda había xente saíndo do punto de inicio. A manifestación partiu ás 20,00 horas da Porta do Camiño, cuxas rúas contiguas estaban repletas de xente, a gran maioría mulleres. Durante o percorrido escoitáronse consignas como 'Estamos fartas de ser asasinadas', 'Nin no traballo nin en casa. Ningunha muller explotada' ou 'Muller que se organiza, non pasa o ferro ás súas camisas'.

A marcha transcorreu pola Virxe da Cerca, pasou pola Praza de Galicia para entrar no centro histórico. Carteis con lemas contra o machismo, a violencia de xénero e pola igualdade puideron lerse nunha marcha que concluíu coa lectura dun manifesto na Praza do Obradoiro. O manifesto chamaba a "sumar todas as voces" para "avanzar xuntas e libres" cara a "unha nova sociedade igualitaria". "Por todas nós, porque estamos fartas, convocamos unha folga internacional para paralo todo, para construír unha nova Galicia en condicións igualitarias, xustas e libres", proclamaron.

A continuación, lembraron aos colectivos que "sofren as peores condicións" como as mulleres do rural, que "viven na precaridade, explotadas e tachadas como cidadás de segunda", mentres "en paralelo o poder a condena ao máis absoluta deterioración e abandono". Ademais, tamén sinalaron que "a discriminación laboral, a exclusión social e a violencia golpean con máis forza nas mulleres lésbicas e bisexuais". "Todas temos que ser libres para gozar das nosas vidas. E ser libres loitando contra a explotación dos nosos corpos", reivindicaron. "Unha vida diga de ser vivida pasa por cambiar as lóxicas do patriarcado. Este novo mundo será noso. Mulleres, irmás, a revolución será feminista ou non será", exclamaron para concluír o manifesto.

CONCENTRACIÓNS NOUTROS LUGARES

Similares imaxes puidéronse ver nas rúas de Vigo que, como xa ocorreu o pasado domingo, se volveron a encher con miles de persoas nunha marcha que se iniciou ás 20,00 horas da tarde na Praza de Portugal. Na Coruña tamén foi masiva a afluencia de persoas ás dúas manifestacións convocadas para esta tarde polo Movemento Feminista Unitario da Coruña e 'Galegas8m', respectivamente. As marchas acabaron confluíndo fronte á Casa de Rosalía.

Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller
Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.

Ferrol, Marín, Lugo, Ourense, Monforte, Cangas, Vilalba, Pontevedra, Cee, Ribeira, Redondela, Burela, O Barco, Verín, Vilagarcía, Moaña, A Illa, Carral ou Noia foron outros dos puntos de Galicia que congregaron a miles de persoas na tarde noite deste xoves para reclamar unha sociedade máis igualitaria para as mulleres.

Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller
Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

8 Vilo

Vivimos en otro mundo. Soy profesor de instituto y puedo decir que todas mis compañeras vinieron a trabajar.

1 galegoexiliado

Pues si, hasta Cuqui y Mari Pili, que llevan años de baja, fueron ayer a trabajar para que las confundan con las de la horda marxista.

7 Realidade virtual

FRACASO ABSOLUTO da folga feminazi. Estamos diante da primeira folga virtual da historia: só existiu nos medios de comunicación do réxime -o panfleto Galicia Confidencial incluido- que durante todo día contaron unha película que non tiña nada que ver coa realidade. AS ÚNICAS QUE FIXERON FOLGA SON AS QUE XA NON TRABALLAN NUNCA: políticas, presentadoras, teóricas do feminismo subvencionadas, algunha charo funcivaga de pelo violeta, oenejetas varias, etc. As manifas: 90% de estudantes e 10% de comisarias políticas feminazis mirándolles o cu. AH, E GALICIA CONFIDENCIAL BORRANDO NOVAS ONDE A XENTE COMENTABA O FRACASO DA FOLGA.

6 galegoexiliado

Joderquetropa, como decía aquel menistro. Hoxe sairon a comentar todolos seguidores de jimenezlosantos. A Consellería de Trolls funcionando a tope, e logo din que os funcionarios non traballan.

1 Margarida das Neves

Non todos son da caverna, a Kollon(t)a(i) de Lugo está que non se aguanta pola colaboración dos seus cos desviados... Curioso, coincide moito cos camisas vellas, será que foron á mesma escola ou que teñen intereses comúns?

5 Que vivaelefeminipopulismo

Xa sabemos quen vai obter os beneficios: https://www.eldiario.es/politica/Un... Non sei se os do bloque e a CIG me dades máis ganas de chorar que de rir.

1 💠

Noxenta machorra!!!

4 Que vivaelfeminipopulismo!

Ai, xa se descubriu quen estaba detrás do asunto: https://www.eldiario.es/politica/Un... Non sei se os do bloque e os da CIG me dades máis ganas de rir ou de chorar.