Miles de persoas en toda Galicia culminan a "histórica" folga feminista do 8 de marzo

As rúas de gran parte das cidades e vilas galegas enchéronse con milleiros de mulleres e homes para reclamar o fin das desigualdades e a violencia de xénero. A participación e o espírito reivindicativo lembrou ás grandes manifestacións que viviu Galicia, como as dos lumes ou a de Nunca Máis.

Por E.P. | Santiago | 08/03/2018 | Actualizada ás 22:46

Comparte esta noticia

As rúas de Galicia enchéronse de miles de persoas na tarde noite deste xoves 8 de marzo como colofón á histórica folga feminista con motivo do Día Internacional da Muller. As marchas, convocadas en numerosos puntos da xeografía galega, congregaron a milleiros de persoas, na súa gran maioría mulleres, que clamaron polo fin da desigualdade social e económica da muller e contra a violencia machista.

Manifestación 8m Santiago
Manifestación 8m Santiago

Unhas trinta localidades galegas viviron concentracións e marchas que puxeron o punto final á xornada na que miles de mulleres reclamaron en Galicia unha sociedade máis igualitaria. Santiago de Compostela viviu unha multitudinaria manifestación liderada pola lema '8M Folga Feminista' que partiu da Praza 8 de Marzo para concluír ateigando a Praza do Obradoiro. De feito, cando a cabeza da marcha chegou ao lugar onde concluíu aínda había xente saíndo do punto de inicio. A manifestación partiu ás 20,00 horas da Porta do Camiño, cuxas rúas contiguas estaban repletas de xente, a gran maioría mulleres. Durante o percorrido escoitáronse consignas como 'Estamos fartas de ser asasinadas', 'Nin no traballo nin en casa. Ningunha muller explotada' ou 'Muller que se organiza, non pasa o ferro ás súas camisas'.

A marcha transcorreu pola Virxe da Cerca, pasou pola Praza de Galicia para entrar no centro histórico. Carteis con lemas contra o machismo, a violencia de xénero e pola igualdade puideron lerse nunha marcha que concluíu coa lectura dun manifesto na Praza do Obradoiro. O manifesto chamaba a "sumar todas as voces" para "avanzar xuntas e libres" cara a "unha nova sociedade igualitaria". "Por todas nós, porque estamos fartas, convocamos unha folga internacional para paralo todo, para construír unha nova Galicia en condicións igualitarias, xustas e libres", proclamaron.

A continuación, lembraron aos colectivos que "sofren as peores condicións" como as mulleres do rural, que "viven na precaridade, explotadas e tachadas como cidadás de segunda", mentres "en paralelo o poder a condena ao máis absoluta deterioración e abandono". Ademais, tamén sinalaron que "a discriminación laboral, a exclusión social e a violencia golpean con máis forza nas mulleres lésbicas e bisexuais". "Todas temos que ser libres para gozar das nosas vidas. E ser libres loitando contra a explotación dos nosos corpos", reivindicaron. "Unha vida diga de ser vivida pasa por cambiar as lóxicas do patriarcado. Este novo mundo será noso. Mulleres, irmás, a revolución será feminista ou non será", exclamaron para concluír o manifesto.

CONCENTRACIÓNS NOUTROS LUGARES

Similares imaxes puidéronse ver nas rúas de Vigo que, como xa ocorreu o pasado domingo, se volveron a encher con miles de persoas nunha marcha que se iniciou ás 20,00 horas da tarde na Praza de Portugal. Na Coruña tamén foi masiva a afluencia de persoas ás dúas manifestacións convocadas para esta tarde polo Movemento Feminista Unitario da Coruña e 'Galegas8m', respectivamente. As marchas acabaron confluíndo fronte á Casa de Rosalía.

Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller
Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.

Ferrol, Marín, Lugo, Ourense, Monforte, Cangas, Vilalba, Pontevedra, Cee, Ribeira, Redondela, Burela, O Barco, Verín, Vilagarcía, Moaña, A Illa, Carral ou Noia foron outros dos puntos de Galicia que congregaron a miles de persoas na tarde noite deste xoves para reclamar unha sociedade máis igualitaria para as mulleres.

Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller
Masiva manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

3 Que vivaelfeminipopulismo!

Non loitedes cos vosos compañeiros por mellorar as vosas condicións laborais, por favor... Teredes todos os 8 de maio un día da muller (no que xa se esquenceu a palabra traballadora) para sacar fotos e compartir nas redes. E sobre todo, non temades, os medios de comunicación publicaran a todas horas as vosas convocatorias... Evidentemente para que ter un programa claro e propoñer unhas medidas concretas: mellor algo abstracto coma a loita contra o machismo que é interclasista e cabemos todas. Ai, Clara Zetkin...

2 Barbyenchachiguaiprogrelandia

Benvidos a nova era, dos artífices do 15 M, aquel acontecemento que cambiou tanto as nosas vidas e nos trouxo os alcaldes do re-cambio chega agora: o feminipopulismo. Como mostra ese cartel da foto: "Ser mujer es ser mujer". Mulleres do mundo, especialmente as galegas que con tanto fervor saístes ás rúas (nós sempre a vangarda da levidade da esquerda) non temades se sufrides precarización laboral hai actrices de Hollywood con vós que seguramente compartiran ese cartel de "Ser mujer es ser mujer".

1 galiza ten nome de muller

moito ruido e poucas noces, este ano o antroido parece que tardo mais días en rematar, folga nas empresas, nada salvo pequenos casos puntuais, incluso mentes alucinadas do sindicato labrego falaron do tema, sin comentarios señores non quero ser cruedelismo descriptor, non se identifico o maior responsabel do que esta pasando o pepeiro a constiprostitucion do 6 de decembro, nalguns casos xentes desesperadas do pe$oe, e da marea incorporándose, subindose o tren en marcha, veuse moito, cada quen tirando por salvar o seu, iso si alguns mareantes quedaron o descuberto despois de "cargarse na "cona"" non tedes vergonza podreiros, folga do consumo NADA- folga de consumación non se di nada, pero seguramente houbo mais afectados, pero conseguin romper o cerco cun bombardeo de bicos! XA PASOU TODO FARSANTES maña sigue todo igual- o pepeiro sigue nin siquera son capaces de cambiar a lei de sucesión monoarquica onde o home e mais valorado -