O PP, en mínimos históricos de intención de voto en Galicia

Os populares acadarían un 36,9% dos votos nun escenario de eleccións xerais, segundo unha enquisa de Sondaxe. Ciudadanos crecería catro puntos, aínda que sería o menor aumento entre todas as autonomías do Estado. En Marea desfaría ao seu favor o empate co PSdeG e consolídaríase como a alternativa ao populares. BNG aumentaría tamén o apoio, pero continuaría como quinta forza no país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/03/2018 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O Partido Popular (PP) está en claro retroceo en Galicia. De celebrarse eleccións xerais agora, só acadaría o 36,9% dos votos, segundo unha enquisa do Instituto Sondaxe para La Voz de Galicia sobre intención electoral para uns comicios estatais. Sería o peor escenario histórico para os populares en Galicia, que perderían 4,6 puntos respecto das eleccións de 2016.

Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia
Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia | Fonte: electograph.com.

A caída do PP coincide cun aumento precisamente do 4% de Ciudadanos, que pasaría a obter o 12,6 % do voto valido total en Galicia, sendo a cuarta forza política no país, manténdose por enriba do Bloque Nacionalista Galego. Con todo, Galicia é a autonomía onde menos crecería a formación laranxa.

O BNG, malia aumentar apoio, pasando do 2,9% ao 4,1%, mantéñense como forza residual nun escenario de eleccións estatais e non acadarían, de novo, ningún escano no Parlamento español.

Outra forza que aumenta apoio electoral é En Marea, que se afianzaría comon a alternativa ao PP en Galicia ao subir do 22,2% ao 23%, asumindo xa o seu liderado entre a oposición aos populares no país, ao desfacer ao seu favor o empate que mantiña co PSdeG.

Os socialistas son, canda o PP, os únicos que perden apoio. A chegada á secretaria xeral do PSdeG de Gonzalo Caballero e a volta de Pedro Sánchez á fronte do PSOE non semellan ter efecto na pretendida revitalización do partido que, con todo, se mantería como terceira forza, cun 19,8% dos votos, caendo 2,4 puntos.

Así as cousas, os galegos castigarían os partidos tradicionais de ámbito estatal e aumentarían o seu apoio a forzas alternativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

8 Ai si

Resumindo: outra maioría abosluta do PP. Como serán os partidos da oposición para que o PP co mal que o fai según eles gañe aplastando? Resposta dos nacionalistos: os 676676 votantes do PP son todos aldeanos ignorantes, españolizados, vítimas do servilismo caciquil, fachas, antidemócratas, machistas, mata animais e proeucalipto. Mentres que nos somos todos ciudadanitos supercultos e intelixentes, cultivados, demócratas, animalistas e ecoloxistas. Por iso gaña sempre o PP porque, nacionalistos, dime de que presumes y te diré ....

1 Gallego

Así é. E cando coñeces un bloqueiro da pena.

2 Sonsincuenta

Se o aceptas che digo eu como e o PP: Unha mafia que ten moitos adeptos, como en Sicilia. Os feitos non son novos, a xente arrima o pescozo a quen ten a forza, non vaia ser que perda o pouco que ten, a pensio'n, e tal e tal. Inda hai ben pouco un militar dun pais africano que vive na absoluta miseria, falaba do ben que loitaron contra o comunismo, e me fixo pensar, pois non hai pais comunista que viva peor que eles. O PP mete medo no corpo aos manifestantes, disidentes, etc. Pero, ao mesmo tempo, mete medo na xente mentindo sobre o que son as Mareas ou o BNG. O resultado o estamos a ver: Miseria en cantidade, e cada vez mais.

7 Edelmiro

Polo visto os adolescentes de EN MAREA tenhen público no país. Non é de extranhar. Non tenho dúbida algunha que este país está ateigado de adolescentes de todas as idades. Calquera que vira algo de mundo, pensaría coma mín. Non tenho nin a menor dúbida.

6 Mareitas Dejpaña

So para lembrar aos desmemoriados españolistas da nova política que, na última enquisa antes das autónómicas, lle daban ao BNG 2 deputados e sacaron 6.

1 Bernal Calvo Delaciga

Só para lembrar aos desmemoriados españolazos vendepatrias do BNG que os seus tres últimos resultados en eleccións xerais foron 183 mil > 70 mil > 44 mil votos. De nada.

2 O que queda do BNG

Os 70.000, e os 40.000 votos posteriores, foron estando aliados coa dereita autonomista de Coalición Galega e o PDG. Uns cracks.

3 OsmillosdePersia

Home si, e hai que lembrar que o PPSOE leva 40 anos gobernando e obtendo mais votos que o BNG, e mira que ben o fixeron! Si e que as cifras non menten. Deica logo, meus trolls PPsoeiros.

5 Triste

Xa é triste que un partido que practicamente non existe en Galiza e que carece de calquera proxecto ou idea para o noso país saque o triple de votos que o BNG, supostamente o que máis defende os nosos intereses. Algo falla, ou nos votantes ou no Bloque...

4 Jucho

Era preciso desde xa que os partidos da esquerda comezaren a facer plans de coordinación xuntos para evitar de tódolos xeitos posibles un posible pacto no futuro entre PP-Cidadáns