'Agora Axuda', un documental para cambiar a mentalidade tras os lumes do 2017

O seu realizador, un galego de orixe arxentina, quere que os beneficios do seu proxecto sexan para promover a autoxestión dos montes galegos con especies autóctonas.

Por Galicia Confidencial | Arbo | 14/03/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un realizador arxentino, de orixe galega, Juan Carlos Cargiulo, iniciou un proxecto colaborativo na plataforma Verkami para lanzar un documental sobre os lumes do pasado outubro, cuxa recaudación quere destinar a varias organizacións e aos grupos que se implicaron no plan de restauración en comunidades rurais de diferentes áreas de Pontevedra.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Todos os  membros do equipo de  Agora Axuda están implicados, din, nun proxecto de base voluntaria. “O que nos uno é o noso amor con Galicia e coa natureza, así como o desexo de promover esta clase de actividades en áreas rurais para defender o territorio”, apunta esta iniciativa que critica a proliferación da cultura do eucalipto nos montes galegos.

Carlos Gargiulo, fotógrafo e documentalista arxentino, de nai galega, e actualmente vivindo en Segovia, estivo o pasado setembro na zona cero dos incendios en Pontevedra. “Alí atopeime con grupos de veciños que se puxeron ao choio na recuperación e repoboación do monte incendiado, con especies autóctonas, nunha actitude de autoxestión para a axuda mutua polo ben común”, apunta.

Volveu a Segovia con vídeos , fotografías e testemuños, que deron orixe a un proxecto de documentación desa experiencia que denominou "Agora Axuda". “O proxecto integrámolo un pequeno equipo que traballamos de maneira altruísta. Tamén nos demos conta que para poder desenvolvelo e levalo a que vexa a luz, este proxecto necesita dun mínimo financiamento”, indica.

Como buscan absoluta independencia, optou por crear unha plataforma de micromecenazgo en Verkami e pide a axuda de todos aqueles interesados en recuperar o monte galego. Polo momento levan recadados pouco máis de 2.100 euros, aínda que precisa 6.800. Máis en  https://www.verkami.com/projects/19513-cambiemos-o-destino-de-os-montes-galegos-agora-axuda-o-documental

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta