Temas: TOURO MINA

Denuncian a “prepotencia” do alcalde de Touro por romper nun pleno as peticións dos veciños

“Xestos de prepotencia e falta de respecto como os do pasado venres o único que fan é dividir máis ao pobo e crear un clima de tensión", din desde a Marea de Touro. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Touro | 27/03/2018 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O rexedor de Touro, o popular Ignacio Codesido, protagonizou a pasada semana unha acción que non pasou desapercibida para a cidadanía e grupos da oposición do concello. Así, e de xeito ostentoso, o alcalde rachou coas demandas da veciñanza que se opoñen á mina de Touro-O Pino. Un xesto que lle valeu numerosas críticas. 

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, racha coas peticións dos veciños contrarios a mina diante de todo o pleno
O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, racha coas peticións dos veciños contrarios a mina diante de todo o pleno

De feito, nun comunicado, a Marea de Touro denuncia a “prepotencia” de Codesido e a súa “falta de empatía e solidariedade”. “Dende que comezou a exposición pública do Proxecto Touro, o Sr Ignacio non dubidou en posicionarse ao lado da empresa extractiva, de dubidoso currículo mesmo na localidade, deixando totalmente desprotexidos a centos de veciñas que ven en perigo a súa forma de vida e  a posibilidade de seguir a vivir no concello”, denuncia esta formación nun comunicado.

“Xestos de prepotencia e falta de respecto como os do pasado venres o único que fan é dividir máis ao pobo e crear un clima de tensión e intolerancia que non estamos dispostos a asumir”, indica ao tempo que lle pide ao alcalde que se desculpe públicamente ou que dimita. 

A Marea de Touro tamén di “ver con incredulidade” as declaracións que fai en diferentes medios o alcalde, afirmando que as balsas da mina en Bama se desbordaban moitas veces e non só neste momento ou que o proceso de restauración da mina anterior foi un fracaso e que ahora utilízana como vertedoiro descontrolado.

Temas: TOURO MINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta