Podemos Galicia apoia a decisión de Pablo Iglesias de ir coa súa marca ás eleccións municipais

Os inscritos desta formación apoian masivamente que as papeletas teñen que levar a “marca” Podemos. Exclúen desta decisión aos “concellos do cambio”. A decisión pode abrir unha nova ferida en En Marea e nas mareas locais e enfrontar a Podemos con EU e Anova.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/03/2018 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Cando aínda a ferida da deputada de Podemos, Paula Quinteiro está lonxe de fecharse, os inscritos deste partido poden abrir unha nova ferida --e esta máis fonda-- dentro das mareas municipalistas e, iso, a pesar de que Podemos, Esquerda Unida e parte de Anova votaron xuntos no acordo do Grupo Parlamentario de En Marea de pechar filas en torno a esta parlamentaria.

Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)

O 86% dos preto de 4.500 inscritos galegos de Podemos que votaron na consulta aberta por esta formación sobre o tipo de coalición para as municipais decantaronse maioritariamente por manter as siglas “PODEMOS” nas papeletas. Unha decisión que choca co manifestado xa por formacións como Anova, a propia EU e outras mareas municipalistas que buscan chegar a acordos sen imposición de siglas.

“Os inscritos avalaron de maneira rotunda a fórmula de coalición coa marca Podemos nas papeletas e o reslpado ás marcas consolidadas nos concellos do cambio”, sinalan desde esta formación. Exclúen desta decisión aos “concellos do cambio”, principalmente, Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña, onde gobernan Compostela Aberta, Ferrol en Común e Marea Atlántica.

Nas principais cidades galegas o apoio moveuse ao redor da media galega; desde un 89% en Santiago ata un 80% en Ferrol, pasando por un 88% en Vigo, un 86% na Coruña, un 85% en Lugo e un 82% en Pontevedra.

De feito, os inscritos nesta formación tamén apoian que a súa marca vaia nas papeletas das eleccións europeas e autonómicas, alí onde se celebran –non é o caso de Galicia--. No conxunto do Estado o apoio foi do 90,70% . Esta tese foi a que defendeu o secretrio xeral de Podemos, pablo Iglesias, o pasado 10 de marzo ante o Consejo Ciudadano Estatal desta formación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ferriño

Xa, e ao final, cando Podemos vexa as orellas do lobo e quedar fóra dos concellos outra vez ... que vai facer EM? deixarlle meter duas listas nas primarias en cada concello comno fixo para as autonómicas?

1 María Luisa

Que risa María Luisa. Cando llea dea a mesma ventolera tuitera o día antes do peche das candidaturas que nas autonómicas a Pablito, tamén o apoiarán igual. E aínda lles ha quedar público. Triste coma poucas cousas.