Temas: MARíN URBANISMO

O Concello de Marín autoriza o derrube de parte do seu casco vello

O obxectivo é crear un grupo de solares limpos que haberán de servir para construír no futuro.

Por Galicia Confidencial | Marín | 02/04/2018 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A historia urbanística de Marín, unha das grandes vilas mariñeiras galegas, pode ter os seus días contados. O concello pontevedrés é un deses casos carentes de protección patrimonial, a pesares de ser unha das vilas máis importantes de Galicia en determinados momentos da nosa historia.

Hai unha semana tivo lugar un derrube sen precedentes na urbe, o que supón a desaparición total dun dos sectores máis amplos do seu casco histórico. Foi a destrución dun quinteiro histórico completo de casas que polo xeral pertencían ó último terzo do século XIX e a primeira metade do XX e unha factoría de salgadura que podería ser incluso moi anterior.

O derrube, que contaba coa autorización do concello, foi levado a diante pola empresa Construcciones Esperón S.L., quen se encargou de xeito gratuíto de executalo a cambio de poder quedar coa pedra que resultase. Xestarase, asíx un grupo de solares limpos que haberán de servir para construír no futuro, mantendo inalterada a propiedade do terreo. O derrube, que se foi producindo por fases, dende decembro, segundo a aceptación dos propietarios, acabaría por completarse entre este pasado martes e as próximas semanas.

Imaxe do centro urbano de Marín
Imaxe do centro urbano de Marín | Fonte: foto wikimediaCCPR

Podes ler a reportaxe no portal colaborador Historia de Galicia.

Temas: MARíN URBANISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

En Galicia seguimos no desarrollismo dos anos sesenta. Todo ben