O soberanismo galego na manifestación para legalizar Sortu

Independentistas galegos viaxan a Bilbao para a manifestación a prol do novo partido da esquerda abertxale, que rexeita o uso da violencia, incluída especificamente a de ETA.

Por Galicia Confidencial | Bilbao | 19/02/2011 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Causa Galiza, plataforma na que colaboran case todos os pequenos colectivos independentistas do país, estará na manifestación deste sábado en Bilbao a prol da legalización do novo partido político Sortu e "polo desenvolvemento da superación do conflito existente en Euskal Herria". Ao igual que para Galicia, a plataforma reclama o  recoñecimento pleno do dereito de autodeterminación para Euskal Herria.

None

Na súa opinión, Sortu "cumpre hoxe todos os requisitos xurídicos exixidos pola antidemocrática Lei de Partidos". Causa Galiza pide ao executivo ZP que busque "solucións" para rematar coa "imposición e a suspensión de dereitos e liberdades".

Causa Galiza defínese como "entidade social ampla e de esquerda na que conflúen persoas, colectivos, organizacións e forzas políticas galegas comprometidas coa defensa do dereito de autodeterminación do noso país, presentada publicamente en Xullo de 2007E.

Entre as súas actividades para a Esocialización do dereito de autodeterminación" destacan as marchas unitarias do 25 de Xullo e a presentación do Acordo Democrático Nacional o pasado 18 de Decembro.

O Bloque tamén reclamou a legalización de Sortu. "O BNG aposta decididamente pola legalización da nova formación política e a súa participación nos próximos comicios locais", dixo a fronte nun comunicado alegando o público rexeitamento do terrorismo etarra. Con todo, a fronte non anunciou a súa presencia en Bilbao esta fin de semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Arsenio

Está ben, hom, que estes catro de Causa Galiza vaian gratis total a tomas unhas txiquitas a Bilbao. A uns pagaralles a viaxe o sindicato e outros farano do seu peto, que para iso son profes de instituto. Si, hom, o bo de todo este asunto é que grazas a el uns cantos van facer turismo.

2 Andamolho

Avante Causa Galiza,esta pseudemocracia que nin sequer respecta as leis que eles mesmos fan demostra a manipulación a que someten a cidadania cos espureos fins de manter os privlexios dun sistema corrupto.

1 CranioF

Bueno, Manolos, ¿Qué lles dicimos?¿Predicamos no deserto un pouco?. Xa sabedes, hai que superar o conflicto!, crear vías de diálogo, e mirar para outro lado se aos que dialogan lles asoma unha pistola por algún bolsillo...É que non sabemos dialogar. Por certo, para contentar a Causa Galiza, eu propoño unha consulta popular sobre a independencia, como a de Cataluña. Penso que con sorte irán a votar o 1'07% dos galegos ¡Pero por algo se empeza!.

1 morbo

É cuestión de tempo...Europa rouba máis ke aporta...España é un invento pra ke os casteláns, os que menos aportan sexan os máis ricos a conta dos máis...é cuestión de tempo...independencia...non hai outra

2 Arenga

Como dis que os do governo vam levar pistolas agochadas????? Se estamos numha democracia que respeita os direitos humans, tanto que amnistia internacional os felicitam cada ano.