Temas: FARIñA OUBIñA

A conciliación entre Oubiña e a produtora de Fariña fixada para o 19

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2018 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Pozuelo de Alarcón (Madrid) celebrará o vindeiro xoves 19 de abril o acto de conciliación entre o narcotraficante Laureano Oubiña e a produtora da serie 'Fariña' con motivo da rectificación que esixe dunha escena da serie que emite Antena 3.

Fariña
Fariña | Fonte: Europa Press

Terá lugar despois da nova detención que tivo lugar esta semana, e após a cal quedou en liberdade, no marco dunha investigación por narcotráfico dirixido pola Garda Civil de Oviedo. "Eu creo que lle prexudica, que afecta á súa imaxe e honra", dixo, en declaracións a Europa Press, o avogado de Oubiña nesta causa, Manuel Álvarez de Mon.

Álvarez de Mon lembrou que Oubiña non ten obrigación legal de acudir ao acto de conciliación e asegurou que polo momento descoñece o que fará o seu cliente. Con todo, sinalou que el preferiría que acudise: "Eu querería que el viñese".

DEMANDA

Oubiña presentou unha demanda contra a cadea e Bambú Producciones por vulneración do seu dereito á honra e a intimidade após introducir na serie unha escena de sexo entre el mesmo e a súa muller, Esther Lago (xa falecida). Como paso previo a seguir adiante coa demanda, o acto de conciliación celebrarase o xoves 19, ás 12,00 horas, no Xulgado de Instrución número 3.

Entre as súas esixencias, reclama que se recoñeza que se "entrometeron na súa honra cunha rectificación no seguinte capítulo que se emita após o acto de conciliación".

CARMEN AVENDAÑO

Dáse a circunstancia de que Laureano Oubiña tamén presentara unha petición de conciliación coa presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, que tivo lugar o pasado 18 de xaneiro e que terminou sen acordo, polo que se acabou fixando xuízo.

Oubiña tamén denunciou por atentado á súa honra a unha das coñecidas como nais coraxe que loitaron contra a droga na comarca de Arousa nos anos 80 e 90. O xuízo fora fixado para o 27 de febreiro, pero suspendeuse.

Temas: FARIñA OUBIñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta