Prepara o PSdeG un oco para Gonzalo Caballero no Parlamento galego?

"É normal que o secretario xeral do partido estea presente alí onde a política galega se exemplifica, que é o Parlamento", sinala Fernández Leiceaga.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/04/2018 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Está xa o PSdeG preparando a chegada de Gonzalo Caballero á Cámara galega?. O líder socialista deixou caer que pode ser un obxectivo, pero non para agora, senón para o vindeiro ano. Nunha entrevista concedida na Cadena Ser, asegurou que mantería polo menos este ano o seu traballo na Universidade de Vigo.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leieceaga
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leieceaga | Fonte: Europa Press

Preguntado sobre esta cuestión, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leieceaga, defendeu que o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, entre nun futuro como deputado na Cámara galega. "É normal que o secretario xeral do partido estea alí onde a política galega se exemplifica, que é o Parlamento", manifestou.

Ademaisdefendeu que quen lidera o partido en Galicia entre nun futuro na Cámara ao considerar que é por onde "pasa toda a axenda política de Galicia". Así mesmo, preguntado sobre se deberá ostentar a portavocía do Grupo, cargo que neste momento realiza o propio Leiceaga, púxose ao servizo do partido. "Eu estou sempre ao servizo do meu partido, e iso quere dicir sempre", manifestou.

"O posto non é meu", subliñou antes de sinalar que "o secretario xeral dun partido ten unha posición dominante no Parlamento cando está".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta