Temas: FEIJóO VIGO

Feijóo anuncia a creación do "Campus FP" en Vigo por case 13 millóns

Esta iniciativa porase en marcha en colaboración coa Zona Franca de Vigo, co fin de servir de "ponte" entre o sistema formativo público e o sector industrial da área viguesa.

Por E.P. | VIGO | 24/04/2018 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este martes a creación en Vigo do 'Campus FP', unha iniciativa pioneira en España. O investimento co que contará será de 12,6 millóns de euros.  Porase en marcha en colaboración coa Zona Franca de Vigo, co fin de servir de "ponte" entre o sistema formativo público e o sector industrial da área viguesa.

Feijóo presenta o 'Campus FP' de Vigo
Feijóo presenta o 'Campus FP' de Vigo | Fonte: Europa Press

Nun acto celebrado na delegación territorial da Xunta, o presidente galego explicou que esta iniciativa "responde a unha demanda obxectiva das empresas" e que hai "unha demanda insatisfeita" do sector industrial con respecto aos traballadores cualificados.

Por iso, este 'Campus FP', que terá a súa sede nunha parcela de 4.000 metros á beira dos institutos da Estrada Vella de Madrid, pretende actuar en dous eixos: por unha banda, construirase un centro que actúe como 'hub' no que se desenvolverán proxectos de I+D+i, identificación das necesidades o mercado laboral, rexistro de patentes, viveiro de empresas, etc.

Por outro, impulsarase o traballo "en rede" de 16 centros de formación profesional de Vigo, Redondela, Baiona, Gondomar, Nigrán e O Porriño, nos que imparten formación 600 profesores, a uns 7.200 alumnos. Nestes centros, lembrou Feijóo, xa hai en marcha 6 proxectos de formación dual e impártense 20 ramas de formación profesional.

Con respecto á sede deste campus, sinalou que a Xunta porá a disposición unha parcela á beira dos centros que xa hai na Estrada Vella de Madrid (IES Ricardo Mella, CIFP Valentín Paz Andrade e CIFP Manuel Antonio). Zona Franca achegará 5,5 millóns para a construción do edificio, e o resto será investido pola Xunta, que pretende que as obras se inicien en 2019 e estean terminadas a finais de 2020.

Temas: FEIJóO VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta