Arsenio Fernández de Mesa, de xardineiro auxiliar a conselleiro de Red Eléctrica

O máster de Cristina Cifuentes puxo en riba da mesa varios casos de políticos que inflaron os seus currrículos sen ningún tipo de consecuencia. Entre eles, o de José Blanco, Elena Valenciano, Tomás Burgos ou o que foi o delegado do Goberno en Galicia e logo director da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2018 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Tras semanas dunha intensa polémica sobre un suposto master que non cursou, Cristina Cifuentes acabou dimitindo como presidenta da Comunidade de Madrid. Unha dimisión que ven máis forzada por un novo vídeo filtrado aos medios sobre o roubo duns cosméticos nunha grande superficie, que sobre a polémica do master en si. Unhas filtracións que desde o seu entorno atribúen ao seu propio partido para forzala a dimitir.

Arsenio Fernández de Mesa durante a toma de posesión cando asumiu a Dirección da Garda Civil
Arsenio Fernández de Mesa durante a toma de posesión cando asumiu a Dirección da Garda Civil | Fonte: lamoncloa.gob.es

O caso de Cristina Cifuentes é unha pinga nun cazo de reborda. Non son poucos os políticos de todos os signos políticos que mentiron no seu currículo e non pasou nada. No conxunto do Estado hai moitos casos: José Blanco, ministro de Fomento con Zapatero, puxo como experiencia académica unha licenciatura en Dereito cando en realidade só tiña “estudos de dereito”.  De feito, esta mesma fórmula foi a utilizada por Tomás Burgos, do PP, médico sen título, ou Elena Valenciano, á que lle quedaban dúas materias de estatística para acabar Ciencias Políticas.

Tamén en Galicia, se deu eso de poñerse un título universitario sen telo acabado. Hai unhas semanas dimitía o secretario de Organización de Podemos e deputado, Juar Merlo, por ter mentido sobre a súa titulación. Non acontecía o mesmo hai un ano cando se soubo que a alcaldesa de Mos e número dous deste partido en Pontevedra, Nidia Arévalo, presumía de ter unha licenciatura en Químicas que non tiña, tal e como xa contou este medio.

Pero quizais o caso máis chamativo é o de Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno en Galicia e logo director da Garda Civil. Actualmente percibe 156.000 euros como conselleiro de Red Eléctrica Española. Gaña máis do dobre que Feijóo (73.000 euros en 2017) e case dúas veces máis que Rajoy (79.756 euros).

O seu ascenso no PP foi meteórico nos anos do aznarismo. Fernández de Mesa presumía de numerosos cargos e estudos no seu currículo tal e como xa informou o blogue lacajadebajodelacam. Unha serie de títulos e traballos que resultaron ser erróneos.  Este é o seu abultado currículo.

Arsenio Fernández de Mesa, fíxose pintar como un xeneral do século XIX cando era director da Garda Civil
Arsenio Fernández de Mesa, fíxose pintar como un xeneral do século XIX cando era director da Garda Civil | Fonte: Goberno de España

"AXUDANTE DE XARDINEIRO"

Asegura que é funcionario do Estado por oposición desde maio de 1979. Efectivamente, pero accedeu a unha praza de oficial segunda administrativo do Porto do Ferrol, unha das escalas máis baixas dentro da Administración. Unha praza que resultou ser a de “axudante de xardineiro” na que o “enchufou” o seu pai, tamén funcionario do devandito organismo,

Tamén di que foi Inspector Técnico do Departamento Marítimo da multinacional inglesa International Marine Coatings Ltd., mediante concurso selección, desde xullo de 1982, ata que en setembro de 1988. Resultou ser un comercial dunha empresa de pinturas para barcos. 

MASTER

Ademais, o político galego gustaba de sumar títulos na súa biografía. Así, di ter un Master en Marketing, do RENMARK, realizado xuño de 1980, unha diplomatura en “Protección e Revestimentos do Aceiro”, pola International Paints en Bilbao en 1984, outra diplomatura en “Corrosión e a súa Prevención”,  pola Escola de Enxeñeiros Técnicos Navais de Ferrol, da Universidade de Santiago de Compostela, en 1988 e outra diplomatura en “Contaminación e Protección do Medio Natural”, Universidade Politécnica de Madrid, Marzo 1988 e outra en sistemas informáticos en 1989-1993. Unhas diplomaturas que non deixan de ser cursos de días e semanas, sen rango universitario. 

Neste sentido tamén apuntaba como estudos outra diplomatura en “Altos Estudos Militares” polo Centro Superior de Estudos da Defensa, en Madrid 1991. Trátase dun curso ao que se adoitan apuntar os deputados e senadores que pertencen ás comisións de Defensa. 

Arsenio Fernández de Mesa completa o seu currículo académico como conselleiro Científico e Profesor do Instituto Internacional de Ciencias Políticas da UNESCO, Áreas de Defensa e Industria. Un cargo que resultou ser honorario polos seus cargos políticos. Ademais, este instituto non un organismo da UNESCO.

Currículo de Arsenio Fernández de Mesa
Currículo de Arsenio Fernández de Mesa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 paletos al poder

o problema non é o que fixo cifu. a cuesti´n é a utilización da información cando lles ven en gana aos pol´tiicos. é dicir non importa o que fas o importante é que poidamos utilizalo segun conveña.... é dicir sen tere en conta o interés real de limpeza política. o que volve a poñer aos cidadáns onde lles correspnde que é de lamecus dos políticos. viva o réximen

1 EXPAÑA E LADROECIO

QUE LADRONS SON O PEPEIRO E O PODREIRO TAMEN DIN QUE SON INXENIEIROS E DESPOIS NON TEÑEN NIN O TITULO DE ELECTRICISTA, todo e roubar e roubar e por si fora pouco a outra a vándala cos rompecoches de santiAGE de componendas... EXPAÑA E ROUBO, miren o video da ínclita, pero pior foi o iate do narco de frijoles que estaba cos amigos da fariña, xa dades noxo populetas, vivides na dexeneración agora adan pasando a varredoria para largala, saen os documentos graficos, coma sairon os de frijoles cando foi das eleccións para expaña para sacar o camándulas de marijuano, MEUS AMIGOS AQUI ESTA O VIDEO DA CINFUENTAS - https://www.youtube.com/watch?v=jpi...