Feijóo di que o megaproxecto mineiro de Touro sairá adiante “se cumpre coa legalidade”

O presidente galego asegura que Galicia “é un lugar onde se cumpren as leis” e que se o proxecto é legal, tanto a Xunta como os concellos deberán respectalo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2018 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non descartou que o megaproxecto mineiro que afectará aos concellos de Touro e O Pino se acabe realizando “se cumpre coa legalidade”. E iso, a pesar de que xa son 21 concellos, sete deles do PPdeG, os que aprobron mocións en contra da realización da reapertura da mina Cobre San Rafael.

Centro de valorización de Touro-O Pino
Centro de valorización de Touro-O Pino

Nós imos cumprir a lexislación e se o proxecto non cumpre todos os requisitos da lexislación, ese proxecto non é viable. Pero se ese proxecto cumpre toda a lexislació sería unha irresponsabilidade de calquera administración pública denegar algo que é legal”, respondeu este xoves Feijóo ao ser preguntado ao respecto por Galicia Confidencial.

En todo caso, lembrou que todo dependerá dos criterios administrativos e se cumpre coas leis. “Pero como estamos nunha fase incipiente temos que ver aínda se cumpre ou non toda a lexislación como fixemos noutras explotacións mineiras que tiñan intención de establecerse en Galicia. Somos previsibles, temos adoptado decisións con anterioridade sobre outros intereses mineiros”, dixo en alusión á anulación dos dereitos mineiros do proxecto de Corcoesto.

"ESTAMOS SOMETIDOS AO ESTADO DE DEREITO"

Con todo, a nova Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia aprobada recentemente axiliza, precisamente, a tramitación para este tipo de empresas, tal e como está acontecendo cos parques eólicos, e simplifica os informes ambientais e patrimoniais.  “Galicia é un lugar onde se cumpren as leis, comezando pola Xunta, que está sometida ao estado do dereito e os concellos que teñen que cumprir as leis que os afectan e, por suposto, as empresas”, concluíu Feijóo ao respecto.

Este mércores o Concello de Ribeira, do PPdeG,  sumouse a outros 20 concellos que xa aprobron mocións contra o mega proxecto mineiro en Touro e O Pino polo temor as posibles consecuencias que un desastre ambiental podería ter en toda a comarca da Arousa e de Santiago. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta