Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2018 | Actualizada ás 13:54
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica experimentou un crecemento interanual do 3,8% no mes de febreiro, segundo informa o Foro Económico de Galicia.
Esta cifra supón un lixeiro incremento (dunha décima) con respecto ao crecemento experimentado o mes anterior. En termos intertrimestrais, o crecemento da actividade económica galega no período que vai de decembro de 2017 a febreiro de 2018 alcanza un valor do 1%.
Con dous meses do ano xa dispoñibles, o Foro destaca que "se confirma a inercia na expansión da actividade económica galega neste comezo de 2018".
"A economía galega non experimenta diminución algunha respecto ao último trimestre de 2017. De feito, á luz dos valores adiantados polo INE para o PIB de España no primeiro trimestre de 2018, o PIB de Galicia podería mesmo volver situarse lixeiramente por encima da media española neste período", resalta.
En termos interanuais, a variable recollida no indicador que experimenta un maior crecemento é o das exportacións. Ademais, as variables referentes ao sector da vivenda incluídas no indicador tamén reflicten un comportamento "claramente favorable" neste mes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.