Como facer que os nenos coñezan a María Victoria Moreno, a homenaxeada do Día das Letras

Obradoiros e unha serie especial dos Bolechas entre as iniciativas para que os máis pequenos coñezan a importancia e o significado do 17 de maio.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/05/2018 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Achégase o gran día do galego e diversas entidades e concellos levan días organizando actividades para coñecer a figura da homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno, e tamén a importancia da celebración deste día. Neste sentido, a Real Academia Galega acolle este mércores a presentación do novo título da colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas dedicado a autora.

A presentación do novo libro vai acompañada dun audiovisual especial dos Bolechas dedicado á autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas e que poderán ver en primicia os alumnos e alumnas do CEIP Cidade Vella da Coruña que participarán no evento, ademais dos propios Bolechas que recibirán e acompañarán os escolares na sede da institución na rúa Tabernas.

Capa dos Bolechas, de Pepe Carreiro
Capa dos Bolechas, de Pepe Carreiro

Por outra banda, sesións de contacontos e a realización dun obradoiro centrado na obra de María Victoria Moreno protagonizan a programación de maio das bibliotecas de Ames. Deste xeito, as bibliotecas municipais acollerán a realización dun obradoiro centrado na papiroflexia e na obra Mar Adiante da autora homenaxeada neste 2018, María Victoria Moreno. O obradoiro, que se encadra dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, será realizado pola empresa de educación e dinamización cultural Xandobela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta