Temas: VIVENDA

Veciños de Vilaboa organizan reténs para evitar a derriba da casa dunha familia

A casa está afectada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu), e á espera de que haxa "algún movemento por parte da Xunta".

Por E.P. | VIGO | 22/05/2018 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Segundo informou o propio afectado, Enrique López, os veciños, que están agrupados na plataforma Salvemos Vilaboa, manteñen a vixilancia nas proximidades da casa por se se aproxima maquinaria pesada.

Casa Consistorial de Vilaboa
Casa Consistorial de Vilaboa

Así as cousas, a demolición estaba prevista para este luns, e desde entón "poden vir calquera día" a derrubala, mesmo de madrugada. "Onte non viñeron, hoxe tampouco e tampouco recibimos comunicación, seguiremos esperando", puntualizou.

A orde de derriba da Aplu é consecuencia dunha sentenza do ano 2009, que este veciño considera que xa "está caduca, porque pasaron nove anos", e que afecta á súa vivenda por atoparse dentro dun perímetro de 100 metros de distancia respecto ao mar, concretamente a 80 metros.

Nesta orde de cousas, espera que polo menos se suspenda a derriba ata que se tramite o Plan Xeral de Ordenación do municipio, que legalizaría a súa situación e xa está aprobado de forma provisional aínda que "a Xunta está a retardalo" ao pedir "aclaracións continuas".

Temas: VIVENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Castrón

Este debe ser o único país do mundo que se xunta xente para defendef algo ilegal. O que fixo a casa sabía perfectamente que era ilegal e fíxoa oor ser quen era. Que caia o peso da lei sobre esa ilegalidade sería o normal nun país serio. Ademais serve como aviso para navegantes. En Alemaña estas cousas tíranas de oficio e pásanlle a minuta ao listillo de turno que non di nin mu.