O 85% dos 928 inscritos que participaron na consulta de En Marea cre que Paula Quinteiro ten que dimitir

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceu o seu dereito a participar case o 39 por cento dos integrantes de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2018 | Actualizada ás 01:20

Comparte esta noticia

O 85% dos 928 inscritos de En Marea que participaron na consulta sobre a dimisión de Paula Quinteiro, que se viu envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo, considerou que a deputada debe presentar a súa dimisión á acta de parlamentaria.

A deputada de En Marea Paula Quinteiro
A deputada de En Marea Paula Quinteiro | Fonte: Europa Press

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceu o seu dereito a participar un total de 928 inscritos, o que implica case o 39 por cento dos integrantes de En Marea.

Deles, un total de 790 votaron si á pregunta formulada, mentres que os 138 restantes consideraron que a parlamentaria non tiña que deixar a súa acta parlamentaria. Isto significa que, do total de inscritos que participaron na consulta, o 85,1% votou si e o 14,9 por cento, que non.

Mentres, se se ten en conta o total de inscritos de En Marea, o resultado arroxa que case o 33% do censo da formación pide que deixe a súa acta, fronte a dúas de cada tres que opta por non pronunciarse na consulta ou por facelo en contra de que deixe a súa acta.

As bases de En Marea tiñan que contestar "si" ou "non" á pregunta: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

VINCULARON OS SEUS CARGOS

Nas últimas horas, a Coordinadora de En Marea —que lidera Luís Villares e promoveu a consulta— vinculara a súa continuidade ao resultado da consulta, aludindo a que tiñan que sentirse "concernidos" polo que os inscritos decidan e ser coherentes coa súa postura, en palabras do seu integrante Gonzalo Rodríguez.

Mentres, en días pasados, a afectada, Paula Quinteiro, esgrimiu "indefensión" no proceso previo e asegurou que non acataría a decisión resultante da consulta, pero que si se sometería a un proceso revogatorio interno.

Próximos á deputada impulsaron un manifesto no que chamaban a non participar e que pouco antes da consulta superaba as 600 sinaturas, aínda que neste caso non fai falta ser membro de En Marea para poder sumarse ao documento. Ao peche da votación, superaba os 800 apoios, segundo os datos achegados polos impulsores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

17 unmais

Que vergoña, que noxo, Que algún anticapitalista de estos me explique a diferencia ética entre eles e o PP

16 Paula Loctite

Dun partido onde os parlamentarios non podían estar no consello pasamos a que o grupo parlamentario mangonea como lle da a gana. Vaia festa está montada pero Villares vainos varrer, ao tempo

15 Bernal Calvo Delaciga

Consulta-farsa dos villaristas: 790 votos, menos de 1/3 dun censo que medrou de súpeto en 300 asinantes nun par de horas. Manifesto "Coidando a Unidade": 838 apoios. http://coidandoaunidade.info/ Se alguén ten que dimitir é a Coordinadora de usurpadores que arroupa Villares. Saiulles o tiro pola culata. Ou dimiten ou haberá que facelos dimitir,

1 anonimo

Pero a ese manifesto pode adherirse calquera persoa, sexa inscrito ou non da Marea, de xeito que non se pode tomar como expresión democrática das bases do Partido, que en todo caso expresaría tamén apoios escasos respecto do total de inscritos ou o total de votantes. A min xa non me importa a quen fagan dimitir, especialmente despóis da última fazaña na Coruña, non os vou volver votar.

2 Fran Correa

Monte-de-merda, contas como apoios da Paula Quinteiro as conselleiras de Medio Rural e Mariño ou a coñecidos alcaldes do Partido Podre? Ou asinaturas repetidas, de inexistentes? Caestes na vosa propia trampa! Sodes ben ridículos! E ao Amado Líder Supremo, Pablo Iglesias y su señora, ides esixirlle a mesma porcentaxe de participación? Ah non, que como é un semiDeus madrileño a este bicadeslle-o-cu! Que sorte ter vasalos galegos ao servizo da Complutense! Que domésticos nos sairon os 'comunistas' , e que agarradiños ao escano ben pagado os 'anticapitalistas'!

3 La pastillita loqui

Te dececionaste con las mareas del pudimos loquito louzanista tanto que los apollabas eh

4 Ling Chung

Aiiiiii, aiiiii que se rompe el chiringuito. Aiiii, aiii que se rompe el chiringuito. A nova canción do verán. Agora xa vos fulminades entre vós. Vaia mamarrachada de partido, esterco en estado puro. Asumide que non vos podedes ver uns a outros e presentádevos cada un coas vosas siglas a ver canto sacades. NOXO¡¡¡¡

14 Tocabolas

Non Dimite Nin de Coña!!....tén cara de ter Loctite-R embadurnándo-lle o Q....

13 Carmen Lastra

Si se puede: estar por riba do que digan as bases, rirse do Partido instrumental, pasar de render contas, burlarse dos compañeiros con insultos cavernarios, ser hipócritas e chulos, acusar aos demais do que logo fai un mesmo e quedar tan panchos! Si se puede se es de Podemos!

1 anonimo

Supoño que cando Paula Quinteiro fai todas esas cousas, e outros con ela, están coidandoaunidade como ninguén.