Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/05/2018 | Actualizada ás 10:59
Nueva Pescanova, Itelsis, Celtic Estores, Rodríguez López Auto, Mecadis, Destilerías de Compostela, Grupo Academia Postal e Progando acordaron este venres estudar mecanismos para fomentar o galego entre os seus traballadores.
Foi no marco dunha xuntanza do Foro Enrique Peinador á que, ademais, asistiron o novo reitor da Universidade de Santiago de Compostela,Antonio López Díaz, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística e o fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, Carlos Varela.
No encontro tamén se acordou celebrar actos de investidura de galeguizade empresarial nos próximos meses para facer coparticipe deles a traballadores e provedores das anteditas empresas.
Ao tempo todas as empresas participarán na celebración do Día da Galeguidade Empresarial que se celebrará o próximo mes de novembro, dedicado ao deseñador e empresario Isaac Díaz Pardo. Por outra banda, co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, concretáronse proxectos para implementar nas facultades de Dereito, Económicas e Empresariais senllos programas que acheguen ao estudantado o coñecemento da historia do dereito e economía de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.