A depresión afecta máis ás mulleres que aos homes

As mulleres afectadas son un 5,08 por cento fronte a un 2,53 por cento dos homes. Este luns celébrase o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2018 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O colectivo de psicólogo apunta que, segundo os últimos datos da Enquisa Europea de Saúde en España, elaborada en 2014; constátase unha maior prevalencia de cadros depresivos activos entre as mulleres, cun 4,55 por cento polo 2,46 por cento dos homes.

Depresión
Depresión | Fonte: Gabriel Lamela

Por iso, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia aproveitou que este luns 28 de maio celébrase o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres para alertar de que a porcentaxe de mulleres que padecen problemas depresivos "practicamente duplica" a dos homes.

En termos similares sitúase a porcentaxe de mulleres que padecen cadros despresivos maiores, cun 5,08 por cento polo 2,53 por cento dos homes. Por iso, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia chama a aproveitar a efeméride do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres para reclamar o dereito a "unha saúde de calidade e gratuíta, tamén no ámbito da saúde mental".

Así as cousas, consideran "imprescindible" a formación en perspectiva de xénero do colectivo profesional sanitario, xa que cuestións como "o rol tradicional feminino", "o baixo nivel de empoderamento" ou "o deseño dos recursos atendendo a un estándar masculino das necesidades" inflúen de maneira significativa na saúde da muller.

Ademais, chaman a fomentar desde todos os ámbitos da sociedade unha "cultura preventiva" en materia de saúde "que incorpore a dimensión de xénero como unha estratexia para avanzar na mellora da saúde das mulleres, tamén da súa saúde mental, e combater a desigualdade".

Por último, tamén pon o foco na formación en materia de violencia de xénero, xa que "se estima que tres de cada catro mulleres con trastorno mental grave sufriron violencia no ámbito familiar ou de parella nalgún momento da súa vida".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta