Os problemas de En Marea; máis persoais que de proxecto político

Anova e Podemos queren restruturar en Marea tras a crise de Paula Quinteiro. No fondo, problemas máis de índole persoal que de proxecto político. Que pasa realmente para que un espazo que proclamaba un "cambio" en Galicia estea hoxe dividido?.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/05/2018 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

As fendas abertas en En Marea ameazan con converter en papel mollado este proxecto político que actualmente é a segunda forza política de Galicia. Un proxecto que pode quedar en nada ante as ameazas doutros actores que participan nel de artellar espazos alternativos. Podemos, primeiro, e Anova, despois, deron xa un serio aviso de que En Marea, tal e como está agora, non pode continuar.

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea

Non fondo, o problema non é tanto de proxecto político, que tamén, senón de personalismos e enemistades manifestas que o caso Paula Quinteiro non fixo máis que agrandar. De feito, o incidente da deputada do grupo anticapitalista de Podemos coa Policía Local de Santiago supuxo un antes e un despois na formación rupturista. Desde entón, por un lado está o sector “federalista” e, polo outro, o sector "máis nacionalista".

Con Quinteiro acelerouse todo”, suliñan fontes consultadas. “Antes había tensións, diferencias, pero o de Paula supuxo un antes e un despois”, indican. Desde entón, a relación de gran parte do grupo parlamentario con Villares é tensa ou case inexistente. Con el só están David Rodríguez, ex rexedor de Manzaneda, e do sector crítico de Anova, e Paula Vázquez Verao, de Cerna. Os dous do sector máis nacionalista de En Marea. Tamén algún outro deputado mantén boas relacións con el, pero pouco máis.

AVISOS DE PODEMOS E ANOVA

En fronte, Podemos --coas súas distintas correntes--, Esquerda Unida e o grupo oficialista de Anova. "O que pasou nos últimos meses conseguiu algo ata agora impensable; que todos os grupos enfrontados de Podemos se uniran e fixeran piña", destaca outro deputado consultado que asegura que a insistencia dos afíns de Villares en apartar a Quinteiro volveu tecer novas alianzas e procuroulle certa estabilidade a líder de Podemos, Carme Santos.

Plenario de En Marea
Plenario de En Marea

De feito, Santos foi a primeira en insinuar que había que "reestruturar" en Marea. Non é a primeira vez que no seu círculo aseguran que foi un erro ir baixo esta marca e non a de Podemos nas eleccións e, por iso, insiste en ir ás locais coa súa marca. Algo que, curiosamente, non acontecerá en Compostela, A Coruña e Ferrol, onde gobernan mareas locais afíns aos críticos a Villares. 

Despois de Podemos foi Anova a que suxeriu que En Marea, tal e como está agora, non é válida como proxecto de futuro. Un golpe en toda regra á viabilidade futura da formación rupturista e que podería provocar unha nova división deste espazo semellante á que xa aconteceu no BNG de Amio. Por un lado irían Podemos, Esquerda Unida e Anova --quizais baixo a fórmula Podemos-EU-Anova-- nunha fronte moito máis "republicana" ou "españolista", --segundo denominacións dalgúns críticos-- e polo outro, En Marea, "máis nacionalista".

PROBLEMAS CASE PERSOAIS

Este mesmo mércores o alcalde de Santiago e membro de Anova, Martiño Noriega, censuraba que "xente que non ten representatividade exerce" na dirección de En Marea, aínda que aclara que esa crítica "non vai por Luís (Villares)", o portavoz da formación. Unha clara alusión a Cerna, o espazo excindido precisamente de Anova.

Precisamente, os nomes de "palleiro" --Luis Eyré-- e "López Rico" --dous dos dirixentes desta corrente nacionalista-- están en boca de moitos dos dirixentes de Anova, Podemos e EU á hora de falar da crise de En Marea. "Son eles os que intoxican, os que utilizan a xornalistas concretos de La Coz e os que lle meten páxaros na cabeza a Luís", apunta unha fonte consultada.

Da outra banda, acusan aos de Anova e, nomeadamente á FPG, de estar "vendidos" ao "españolismo de Iglesias, de Carmencita --Carmen Santos-- e da Yoli --Yolanda Iglesias--. "Aquí a cuestión é que houbo quen está facendo todo o contrario do que dixo que se ía facer; nin En marea é un proxecto autónomo de Podemos ou Izquierda Unido, nin ten grupo propio como ten Compromís, nin se cumpre o que di o código ético", indican.

Con todo, Martiño Noriega mandaba este martes un aviso. "O espazo está formulado conceptualmente, o que hai é que polo en marcha". "Levo tempo dicindo que no espazo a nivel de composición e exercicio do mesmo, ultimamente o que se bota en falta é que as partes queiran exercer nel e acrediten nel porque é un espazo transformador", sostiña.

Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea
Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea | Fonte: Xurxo Guitián
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

14 Iris

Quen e un fenómeno disfrazando de cuestions politico-organizativas as fobias persoais e Paco Rodríguez. Espero que non se molesten os incondicionais

1 Miolo

Chove. Porco governo.

13 panxho

Cal esquerda? A do Goberno do bipartito que usaban o seu coche particular para vir a a traballar , ou pagaban as comidas do seu peto, por favor onde se ve agora iso.... NOn hai 50 euros para funcionarios e si 17 millons para o Gaiás...que pagamos todos.... E namentras pinos nos camiños que impiden os desbroces tan cacarexados e son unha trampa para os antiincincendiarios

12 unmais

A esquerdalla produce unah mistura de risa, noxo e pena, ler os comenatrios é como ver una película dos Monty Pytton, o unicoque saben facer e dietar porcaria uns aos outros. Que falta fai un partido que poña os intereses do país por encima de todo, como o PNV, que ademáis, por moi de direitas que sexa ten una política social moito mais progresista que o PSOE ou Podemos

11 Exvoto Marea

Marea está rota e ben rota. Só falta que alguén teña a valentía de dar o paso que hai que dar. Enganaron un montón de persoas non hai nin defensa de Galiza nin defensa dos intereses dos máis desfavorecidos. Por que aínda non rompe, porque o diñeiro é moi bonito e mentres vaia funcionando aguantan o que faga falta. Cando baixen a 2 ou 3 representantes no Congreso e a 6 ou 7 no Parlamento Galego falamos.

1 comunista independentista

Pobres ilusos. Os hooligans do Bloque sempre confundindo os seus desexos coa realidade. Évos o que ten vivir dentro dunha burbulla de fanatismo sectario. As mareas suben, baixan e volven a subir. Pero non van desaparecer. O que non dá subido é o Bloque, que leva 20 anos caendo en picado e non remonta nin coa axuda de LVG & cía.

2 Exvoto Marea

Perdoa, mal educado, de todas as persoas que se ven por aquí es das máis patéticas. Eu non son hooligan do bloque, nin siquera milito no bloque... Fantasmón.

3 Botando contas

Perdoa que te corrixa, comunista independentista pero de decembro de 2015 a xuño de 2016, non perderan escanos xa?

10 Galego

Noticia sobre en Marea tapando as vergonzas continuas e os comentarios falando do BNG, curioso cando menos a necesidade dalgúns de rematar có último resquicio do nacionalismo galego. O que non logrou franco nen 500 anos de doma é castración quereno facer os supermodernos confluintes de podemos e Cia.