Temas: RAG DICIONARIOS

«Porno» e «pirola», entre as palabras máis buscadas no Dicionario da Real Academia

«Anglosaxón» sitúase como o termo máis buscado do mes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2018 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

As buscas de palabras nos dicionarios en liña teñen a vantaxe sobre os tradicionais, en papel, de que se pode cuantificar as procuras e detectar intereses dos que os consultan. Grazas a eses rexistros, o Dicionario da Real Academia Galega destaca cada día no seu sitio web as dez palabras máis buscadas da semana e do mes; termos que indican tamén tendencias de interese entre os cidadáns, que se poden ver condicioandos por distintas variables e factores, como pode ser, por exemplo, a actualidade ou determinados eventos.

Salón Erótico de Galicia 2010 (foto Xornal Certo)
Salón Erótico de Galicia 2010 (foto Xornal Certo)

Por exemplo, a eliminatoria entre o Real Club Celta e o Manchester United o pasado ano, nas semifinais da Uefa Europe League, disparou as consultas da palabra «afouteza» (lema dos vigueses naquela competición), converténdoa no termo máis consultado.

Curiosamente, esta semana coáronse entre as palabras máis buscadas dous termos sexuais: «porno» e «pirola», o primeiro no segundo posto dos vocábulos con máis procuras e o outro, no cuarto posto.

Sorprende a aparición destas palabras entre os termos máis buscados cando non semellan ser termos que susciten dúbida sobre o seu significado ou o seu correcto uso, ao igual que «hotel» ou «gaita», que aparecen no terceiro e quinto posto, respectivamente.

Tamén chama a atención que a palabra «anglosaxón» é non só a palabra máis procurada da semana, senón tamén do mes.

Tapa Instinto Básico, do San Valentín Erótico de Viveiro
Tapa Instinto Básico, do San Valentín Erótico de Viveiro | Fonte: Asociacion de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro

Palabras máis buscadas no Dicionario da RAG.
Palabras máis buscadas no Dicionario da RAG.
Temas: RAG DICIONARIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta