Temas: CELTA

O Celta dispara a «Afouteza» en Google e no Dicionario da RAG

A palabra lidera as consultas no dicionario en liña da Real Academia Galega dende que o Celta e Vigo fixeron desta palabra un selo de identidade na eliminatoria co Manchester United na UEFA Europa League. As buscas do termo en Google acadan tamén rexistros históricos.

Por Alberto Quian | Vigo | 13/05/2017 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

«Afouteza» é a palabra galega de moda. O Real Club Celta de Vigo fixo deste substantivo animoso o seu contrasinal para conquistar Europa. Holandeses, gregos, belgas, ucraínos, rusos e ingleses experimentaron nos seus feudos e nas súas incursións en Vigo a afouteza dunha cidade contaxiada a (case) todo un país, que acudiu en masa á súa principal fonte lexicográfica, o Dicionario da Real Academia Galega (RAG), e a San Google, á procura da afouteza 

'This is Afouteza', a campaña do Real Club Celta de Vigo para a semifinal co Manchester United.
'This is Afouteza', a campaña do Real Club Celta de Vigo para a semifinal co Manchester United.

A palabra é a máis buscada deste mes no dicionario da RAG. Sen dúbida, a exaltación europea da afouteza celeste —xa palabra clave do himno do Celta— fixo deste o termo máis repetido e o máís procurado nas últimas semanas, non só no dicionario en liña da Academia Galega.

En Google, o maior buscador en Internet, as buscas deste termo acadaron rexistros históricos, alcanzando o seu cénit o 4 de maio pasado, coincidindo co partido de ida entre o Celta e o Manchester United en Balaídos, correspondente ás semifinais da UEFA Europa League.


Evolución das buscas da palabra «afouteza» en Google | Fonte: Galicia Confidencial.

Nos últimos 30 días, as consultas relacionadas con «afouteza» máis populares en Google foron, por esta orde: 1. "This is afouteza"; 2. "Afouteza significado"; 3. "Afouteza traducción"; 4. "Afouteza Rag"; 5. "Afouteza definición". Nunca antes se rexistraron tantas buscas sobre a palabra e o seu significado. E, curiosamente, Google foi unha gran porta para acceder á definición que ofrece da palabra o Dicionario da RAG.

Vigo vestiuse de afouteza para recibir o Manchester United o 4 de maio de 2017
Vigo vestiuse de afouteza para recibir o Manchester United o 4 de maio de 2017 | Fonte: R.C. Celta.

O certo é que o club e a cidade souberon explotar moi ben a súa afouteza, traducindo primeiro o himno do Celta do castelán ao galego —do "Tu lema es noble juego, valentía y corazón" ao "O teu lema é nobre xogo, afouteza e corazón"— e logo, espallando ao resto do mundo esa afouteza nunha perfecta campaña publicitaria, aproveitando a propulsión celeste na UEFA Europa League.

A chegada a Vigo do todopoderoso e glorioso Manchester United —o equipo máis rico do mundo e propietario do 'Teatro dos Soños' do fútbol— supuxo moito máis ca unha disputa futbolística. Os mancunianos foron recibidos por unha cidade vestida de gala e cun novo lema de guerra... ou cando menos de orgullo: "This is Afouteza". Un berro para culminar o utilizado ao longo da tempada: "Ensinésmolle ao mundo o significado de afouteza". Unha manobra intelixente de mercadotecnia para espallar unha marca... e un sentimento. Afouteza anglicanizada para facerlle entender ao mundo enteiro que "a disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades" ou a "seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme" ten trazos singulares neste recuncho do mundo.

A morriña foi a marca de auga de Galicia durante décadas. Agora, a afouteza quere ser o selo de identidade xa non só dun club, dunha afección ou dunha cidade, senón dun pobo condenado ao tópico español de xente indecisa e indefinida. A afouteza como ADN.

Afoutar está de moda en Galicia.


«Afouteza», palabra máis consultada no Dicionario da RAG no mes de maio de 2017.

Temas: CELTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 la imposición del gallego

nos imponen el gayego hasta en los lemas del júrgol

3 STALIN-NEW

eu penso, que nostrus e kollontai son a mesma pessoa, eles falan e eles se contestan.

1 Balbino Fernández

Concordo 100%. Triste pero certeiro. E non sigo, para non alimentar animadores troleiros de GC.

2 Kollontai luguesa

E vós quen sodes? Oh, oh.... Que curioso que algún de "vós" estea sempre agardando un comentario de Nostrus ou min... Eu creo que Nostrus e volos dous sodes os mesmos... Seguimos? Alguén ten que animar isto, non? Eu confésoo, abúrrome e teño certo gusto polos circos mediáticos... E vós? Falando de respostas, Balbino, ti aínda non respondiches ás miñas de hai uns días. Lembra, teño, polo momento, memoria de elefanta...

3 Kollontai luguesa

En realidade, Balbino ti non és Nostrus... Verdade? Ti só es un deses en posesión da verdade absoluta e á caza de herexes ou bruxas. Ti tiras a pedra e escondes a man mentres dás leccións de hética barateira ao resto. Vaites, fai o que che pete, xa che digo que non se che me dá moito que sigas no teu papel de indignado ou de cazador de bruxas. Coma a Antígona de Sófocles podo dicir "eu non nacín para o odio senón para o amor". Así que fai o que che pete, aínda que todos saibamos que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Eu sempre estarei coas Antígonas e non cos Creontes... E ata mañá que xa vou cansa de trapalladas e trapalleiros por hoxe.

4 MERUCU XUSTICIERU

Xa o dixen hai tempo...Noutro xornal galego utilizaba o alcume Blas de Lezo...Todo un elemento !!!!!😂😂😂😂😎😎😎

5 Kollontai luguesa

Ay ba, ay ba... https://www.youtube.com/watch?v=HB5... Dedícocho con todo o cariño do mundo... Se vos fai falla unha música para a próxima campaña ata ao mellor vos vale... Non sei... Por exemplo pode ser: Ay ba, ay ba hai infeliz galeguiño que marea! De verdade, pensaba que erades dinamizadores ou trolls... Pero xa empezo a pensar que existides... Buff! E que pouca graza tedes que polo menos o Nostrus e eu ata somos enxeñosos de vez en cando... Ay ba, ay ba, ay galeguiños que marea! Ay ba, ay ba... Hai ímonos pronto para a lúa...

6 Ana

A Nostra Kollona non aturou "ata mañá que xa vou cansa de trapalladas e trapalleiros por hoxe", en sábado seguiu comentando. Destapada outra vez! O domingo reaparecerá chea de agresividade provocadora: por un lado como fascista Nostrus, por outro como Kollontai. Bufff e Bufffito tamén son marcas da casa. Os extremos para atacar as Mareas de Podemos! O que queira entender que entenda...

2 Kollontai luguesa afouta

Anda que cando lles dea por usar a palabra arroutamento van facer desta web un lugar especial... En fin, parabéns ao Celta e aos seguidores pola afouteza e parabéns por contribuír un pouquiño á normalización do galego e a eliminación de prexuízos. O lema dos que amamos o galego e queremos que perviva debía de ser "imaxinación ao poder". Por certo, afoutas somos as que vimos a este lugar a comentar. A ver o que tardan en empezar a me insultar... Éche o que hai!

1 nostrus

Non te fagas a vítima luguesa, porque moitisimo mais que a ti insultanme a min e non me laio nin choromico. Non te colgues medallas que non che pertenecen. Un saudo.

3 Kollontai luguesa

A min nacéronme chorada, Nostrus. O que non me naceron nin me criaron foi para agardar a malas baba dalgún que escribiu por aquí, que non es ti "aparentemente (porque aquí poucos son quen din ser) , e que eu pretendería, cando menos noutrora, cercano aos meus ideias. Non só me insultaron, senón que pretenderon danar a outra persoa nomeándoa. Hai xente sen piedade e soe ser aquela que máis piedade debería sentir... Aínda que non comento dende hai moito si leo esta web e sei de sobras que o se lle tentou facer a outra persoa a pasada fin de semana foi feita con moi mala intención e tamén moita impotencia... E lóxico a falta de argumentos, "vaiamos a pola mensaxeira". Seino e creo que algúns dos que me ledes quizais tamén me entenderedes... Quíxoseme facer dano e danouse a unha terceira persoa... Miserable pero esperable en "comisarios políticos e..." de terceira... Os puntos suspensivos xa os encheremos, ou non Balbino?

4 Kollontai luguesa

Aclárolle a quen vai dirixida a mensaxe que a falta de afouteza non figura entre os meus defectos... Foi miserable o que fixeches "Balbino" ou máis ben o que así asinaba e con ese nome me atacou hai uns días. Pode que un día te sintas coma min e nesas mesmas circunstancias. Agardo que non te traten coma ti a min... E agardo que, a maioría dos que ti dis defender, que ben sei que son xustos e honestos se decaten. E ciao, que xa vai sendo un moi longo ciao. Coma di miña nai mellor calar que falar de máis... E eu nin son nin serei coma certos "personaxes" ou "personaxiños" que se cren por riba do ben e do mal. Coma xa lle expliquei a Nostrus a min nacéronme chorada e mira, non hai mal que por ben non veña... Cando menos pode que a túa actitude, "Balbino", lle abra os ollos a moitos... Incluso a quen che moumiñan nos oídos... Mil grazas por amosar unha vez máis a vosa xentileza e afouteza!

5 Kollontai luguesa

Perdoa Teutonio, pero non me agrada este "humor" que é moi "casposo" ao meu enteder (coma certos programas da nosa galaica televisión nos que parecen emular para moito peor a Xan das Bólas) porque sempre caen nos esteorotipos rancios sobre o mundo rural. En calquera caso eu non me queixaba en van... Pero xa sei que aquí isto non vos importa nada!

1 Gamela

This is Afouteza se fósemos quen de ver os partidos do Celta en aberto !!! This is TDT Spain !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...