Nais e pais de Ames esixen unha solución para que ningún neno quede sen comedor escolar

80 familias non teñen praza de comedor nin posibilidade de conciliación. Por iso, manifestáronse este xoves na Praza do Concello.

Por Galicia Confidencial | Ames | 31/05/2018 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Nais e pais do concello de Ames concentráronse este xoves no consistorio para esixir unha solución para as familias con necesidades de conciliación e evitar que haxa estudantes que se queden sen comedor escolar.

Manifestación de pais e nais no Concello de Ames baixo o lema 'Ningún neno se comedor'.
Manifestación de pais e nais no Concello de Ames baixo o lema 'Ningún neno se comedor'.

O conxunto de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAS) de Ames, por decisión unánime da asemblea conxunta do 25 de maio, convocaron esta manifestación na Praza do Concello ás 19:30horas, co motivo da celebración do pleno ordinario, ás 20:30 horas. Baixo o lema principal, "Ningún neno sen comedor", tamén lanzaron mensaxes como "Queremos conciliar, non emigrar".

A comunidade de pais e nais pide que ningún neno con necesidades de conciliación, polos motivos que sexan, quede fóra do servizo. Malia o seu intento de falar cos representantes dos cidadáns, o certo é que o Goberno local rexeitou o encontro.

A realidade é que hai 80 familias que non teñen praza de comedor e non teñen posibilidade de conciliación, e vense na situación de ter que buscar outro colexio, fóra da súa contorna, onde poidan conciliar.

"Hoxe son esas 80 familias, pero mañá pode ser a túa, non o esquezas", avisan os afectados ao resto da cidadanía. 

Manifestación de pais e nais no Concello de Ames baixo o lema 'Ningún neno se comedor'.
Manifestación de pais e nais no Concello de Ames baixo o lema 'Ningún neno se comedor'.

Manifestación de pais e nais no Concello de Ames baixo o lema 'Ningún neno se comedor'.
Manifestación de pais e nais no Concello de Ames baixo o lema 'Ningún neno se comedor'.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta