O BNG destaca que o nacionalismo "foi clave" para desaloxar a Mariano Rajoy do Goberno

Ana Pontón cre que logo do triunfo da moción se abre un "escenario político incerto" e pide que Galicia recupere "relevancia política"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2018 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Pontón, destacou que o voto das forzas nacionalistas no Congreso dos Deputados foi "clave" para "desaloxar" a Mariano Rajoy da Moncloa logo do triunfo da moción de censura que converteu ao socialista Pedro Sánchez no sétimo presidente do Goberno da democracia.

Ponton Propon Aproveitar Escenario Post Moción Para Q Gz Recupere Peso Politico
Ponton Propon Aproveitar Escenario Post Moción Para Q Gz Recupere Peso Politico | Fonte: Europa Press

Pontón indicou que logo da saída de Rajoy do Goberno se abre un "escenario político incerto" no que Galicia debe recuperar a "relevancia" que, ao seu entender, perdeu no "debate territorial" pola "submisión" do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ás decisións do seu partido.

Por iso, a portavoz nacional do Bloque remarcou que "democraticamente era inasumible" que o PP continuase á fronte do Executivo estatal após ser condenado no xuízo pola trama Gürtel porque se instalou "a impunidade con quen roubou".

Con todo, apuntou que "xa antes da sentenza había motivos" para "desaloxar" o PP e que "os dous últimos anos" de Rajoy en Moncloa son "responsabilidade" dos partidos "instalados no cortoplacismo" que "permitiron" que os populares continuasen á fronte do Goberno.

Neste sentido, Pontón enxalzou o nacionalismo como o factor "clave" para o triunfo da moción censura, xa que os votos dos deputados de ERC (9), PDeCAT (8), EH Bildu (2) e, especialmente, os cinco do PNV declinaron a balanza cara ao lado do 'Si'.

A continuación, denunciou que "a dereita, tanto azul como laranxa" someteu o nacionalismo a un proceso de "criminalización" porque "saben que son o freo para a súa maioría" e quen pode encabezar o proceso de "ruptura co Réxime do 78".

AXENDA GALEGA

Ana Pontón considera que as primeiras medidas que debe afrontar de maneira "urxente" o goberno socialista de Pedro Sánchez pasan por derrogar a coñecida como 'Lei Mordaza', a Lomce e as reformas laborais; así como "abandonar a política represiva" e abrir un diálogo con Cataluña.

Así mesmo, a líder nacionalista reclamou a posta en marcha dunha "axenda galega" para paliar a "desaparición" de Galicia no "debate estatal", algo que, para Pontón, é consecuencia da "submisión" de Feijóo á dirección do seu partido en Madrid.

Así, puxo o foco en que esta "axenda galega" pasa polo "levantamento do veto" ao traspaso da AP-9, o "fin da prórroga" a Ence e a creación dunha "tarifa eléctrica galega" a semellanza da que inclúen os Orzamentos Xerais do Estado deste ano para Euskadi e que permitirá "un aforro de 50 millóns de euros" para as empresas vascas.

E é que, para Pontón, o "maior problema político para Galicia é "a submisión de Feijóo a Madrid". "Non temos un presidente, tivemos un Xudas para Galicia", espetou a líder frontista en referencia a Alberto Núñez Feijóo.

A continuación, e cuestionada sobre se cre que a entrada en Moncloa do PSOE suporá un cambio no debate sobre a configuración do Estado, Ana Pontón opinou que "aínda é cedo" para prever as "consecuencias" ante a apertura dun "escenario complexo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 Menos trolas5

Foi a pantasma de Carlos Aymerich cando estaba de deputado. E que conste que estou moi ledo de que Aymerich xa non estea non BNG e a súa ocupación sexa facerlle informes aos da Marea. Informes moi útiles, por certo

1 Bob Marley

Eu quero o que fuma o BNG