Temas: FEIJóO RAJOY

Feijóo non descarta, agora, marchar a Madrid

O presidente da Xunta evitou confirmar que quedará ata o final da lexislatura en Galicia tal e como ten manifestado noutras ocasións. "Tomarei a decisión e falarei cando se convoque o Congreso", dixo.

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

“O meu compromiso é con Galicia”. Foi a súa frase máis repetida nas últimas semanas pero este xoves, por primeira vez en moito tempo, Alberto Núñez Feijóo non quixo confirmar ese “compromiso” cos galegos que o une a Galicia ata 2020 como presidente da Xunta. “Son presidente da Xunta e se cambio de opinión, por suposto que o direi”, dixo ao tempo que admitía que o que está pasando no Partido Popular en Madrid ten un “impacto directo” no partido en Galicia.

Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, no acto no Parlamento galego no que o líder do PPdeG prometeu o seu cargo como presidente da Xunta
Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, no acto no Parlamento galego no que o líder do PPdeG prometeu o seu cargo como presidente da Xunta | Fonte: TVG.

Nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta case monotemática en relación as súas posibilidades como sucesor de Mariano Rajoy, Feijóo evitou en todo momento respostar se presentará a súa candidatura, tal e como lle piden numerosos líderes e baróns populares. “Eu son presidente da Xunta e esta rolda de prensa é como presidente da Xunta non como líder do PP”, limitouse a responder en varias ocasións.

Así que houbo que preguntarlle por se como presidente da Xunta manterá o seu “compromiso” de dirixir aos galegos ata o final da lexislatura. E foi aí cando comezaron respostas que, ata este xoves, non dixera. “Eu son presidente da Xunta e é un orgullo selo porque para iso me votaron os galegos”, suliñou. “Sigo sendo presidente e se cambio de opinión xa o diría”, engadiu.

“E cando o dirá?”, preguntouselle tamén. “Pois cando tome a decisión que será cando se convoque o Congreso Extraordinario do PP, nos tempos que marque a Xunta Directiva do próximo luns”, dixo.

"IMPACTO NO PP DE GALICIA"

O mandatario autonómico esquivou as numerosas preguntas sobre esta cuestión e non quixo dar máis pistas sobre o seu futuro, aínda que si admitiu que a situación do PP podería ter un "impacto" directamente no partido en Galicia no que respecta aos calendarios previstos, como o das eleccións municipais. En todo caso, asegurou que sería "un impacto" de semanas e non de meses.

Rajoy, Feijóo e Alfonso Rueda en Rande
Rajoy, Feijóo e Alfonso Rueda en Rande | Fonte: Miguel Núñez

O presidente galego mesmo chegou a chancear cos xornalistas pola súa insistencia. “Tranquilos que todos  recibirán a convocatoria cando teña que falar, tanto os que son habituais aquí como os que non os vexo tanto nesta rolda de prensa e que me agrada velos”, ironizou nunha rolda de prensa na que utilizou moito máis o español que o galego ante a presencia de "medios de Madrid".

Temas: FEIJóO RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 cocainas opios marijuana

FRIJOLES as fotingas da drogas van a dar a volta polo mundo enteiro!!!!

1 Agustín Lara

Madrid, Madrid, Madrid, en Monte Pío se piensa mucho en tiiiiiii... Chotís!

1 Lad

Déixao ir