Temas: MINA TOURO O PINO

Cobre San Rafael, propietaria da Mina de Touro: "Estase a crear unha alarma infundada con falsidades"

Censura que se lancen "argumentos sen base técnica" e defende que o proxecto "é compatible con calquera actividade económica". Con todo, recoñece que se realizará unha "voadura ao día" que provocará pó en suspensión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2018 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

Cobre San Rafael, a compañía promotora da Mina de Touro - O Pino non decidiu respostar á masiva manifestación deste domingo en Santiago cun comunicado cando aínda non rematara a masiva protesta. Así, acusou aos colectivos que se opoñen ao proxecto mineiro de xerar "unha alarma infundada" a través de "argumentos sen base técnica", á vez que defende que a explotación conta con "garantías" de control e seguridade para a "non afección ás augas e ao medio natural".

Lavandeira, de Atalaia Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro
Lavandeira, de Atalaia Mining, empresa que quere explotar a mina de Touro | Fonte: Europa Press

A través dun comunicado emitido na mañá deste domingo, ao mesmo tempo que milleiros de persoas percorren Santiago nunha manifestación para reclamar á Xunta que non autorice o proxecto, Cobre San Rafael incide "no seu ofrecemento de diálogo e transparencia" aos colectivos que se opoñen á mina e que, segundo a compañía, "declinaron reunirse cos expertos do proxecto".

A pesar de ofrecer "diálogo e transparencia", os responsables da mina levan meses sen concederlle ningunha entrevista a Galicia Confidencial, a pesar de terlla pedido en reiteradas ocasións. Agora, e logo da masiva resposta do pobo galego aos seus proxectos,  recoñecen "as dificultades para trasladar unha mensaxe de confianza a unha parte da poboación que rexeita a minería en Galicia", a compañía defende que a actividade mineira é "hoxe altamente cualificada e sustentable", así como "fundamental para un futuro baseado nas enerxías renovables".

"ARGUMENTOS INCONSISTENTES E FALSOS"

A continuación, acusa as plataformas sociais e partidos políticos que se opoñen á "reactivación" da mina de empregar "argumentos técnicos ou científicos incosistentes, cando non falsos e inxuriosos". "Cobre San Rafael quere insistir en que as propostas técnicas e as medidas de control e seguridade ambiental do seu proxecto son garantía de non afección ás augas e ao medio natural", apunta.

Terreos da mina de Touro
Terreos da mina de Touro

Nesta liña, asegura que "a constante monitorización e seguimento" que levarán a cabo "estamentos administrativos e organismos de control independentes" garantirán "o correcto desempeño e o cumprimento de todos os parámetros que marca lei".

"Como galegos negámonos a admitir que non sexamos capaces de facer a mesma minería moderna que leva a cabo en países como Suecia ou Finlandia. Cremos que a minería moderna e limpa ten moito que achegar á nosa terra, e somos parte da solución a algúns dos problemas sociais e económicos que ten o rural, como o despoboamento e a falta de expectativas", indica a compañía --propiedade dunha multinacional-- no seu comunicado.

DESMENTE AS ACUSACIÓNS

A continuación, Cobre San Rafael trata de responder as acusacións vertidas contra o proxecto por parte dos colectivos que se opoñen á Mina de Touro e defenden que a explotación é "do século XXI" e "compatible con calquera actividade económica". Deste xeito, afirma que é "falso" que se trate de "unha megamina" senón de "un proxecto pequeno" pois, segundo sostén, "a concesión ten só sete quilómetros cadrados dos cales cinco son xa mina histórica".

Así mesmo, nega que afecte o Camiño de Santiago --"a mina non se ve practicamente desde ningún punto" da Ruta Xacobea-- ou que "haberá circulación constante de maquinaria pesada e voaduras regulares que xerarán ruído e grandes nubes de po en suspensión".

Defende que "se realizará unha voadura ao día, dividida en pequenas cargas" e que o po xerado "mitigarase con rega de pistas, provisións e voaduras". Ademais, incide en que o sector agrogandeiro da comarca de Touro non se verá afectado porque "se trata de reactivar a produción de cobre nunha mina xa activa para a produción de áridos".

Cobre San Rafael tamén desmente que se vaian a empregar "compostos tóxicos e perigosos" ou que o proxecto poida verter augas contaminadas ao Ulla, con consecuencias para a Ría de Arousa. "O proxecto mineiro prevé cero saídas de augas de proceso ao exterior. Opérase en circuíto pechado e non se vai a afectar ningún curso de auga", argumenta.

Por último, censura que os colectivos acusen o proxecto de "facer desaparecer traídas de auga en curso", de non garantir a seguridade no depósito de xestión de estériles ou de que a mina vaia a "esnaquizar a paisaxe e deixar a contorna arrasada" após o fin da explotación.

Temas: MINA TOURO O PINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 De alí

Xa tivemos alí unha mina, que non nos veñan con contos. Xa experimentamos nas nosas casas o que significan as voaduras. Xa sabemos o pouco que afectou a ríos que siguen da cor do cobre e sen vida décadas despois... Enriba de lucrarse reventando a nosa terra non nos fagan comulgar con rodas de muíño.

2 Sentido común

Me gusta la frase de: "a constante monitorización e seguimento" que levarán a cabo "estamentos administrativos e organismos de control independentes, ja, ja, ja, ja, ja Es para escachar de risa. ESTES NOS TOMAN POR PARVOS.

1 Técnico

Eu son técnico e asegúroslles que as láminas geotextiles non van durar máis de cinco anos, no mellor dos casos. Entre a acidez do terreo e as raíces acaban todas rotas. Proben vostedes nas súas parcelas e xa verán. Non hai produtos geotextiles con garantía superior a 10 anos. A Mina será altamente contaminante sen dúbida.

1 Andrés

Buscan o que sexa con tal de xustificarse, que pena... 😕