A Nave de Vidán, referente da Slow Food en Galicia

Slow Food Compostela vén de distinguir este restaurante de Santiago co selo “Km 0 Slow Food”.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 12/06/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A cultura do bo comer entendida non só dende a calidade do produto se non tamén dende a ética cos produtores, a responsabilidade co medio ambiente e a educación do padal empeza a coller forza en Galicia.

Equipo da Nave de Vidán. Foto: Nave de Vidán
Equipo da Nave de Vidán. Foto: Nave de Vidán

Slow Food é unha asociación ecogastronómica que promove unha "nova gastronomía" entendida como expresión da identidade e a cultura. Defende o pracer vinculado ao alimento, reflexiona sobre a educación do gusto e o dereito ao goce cun novo sentido de responsabilidade.

Pois ben, a Asociación Slow Food Compostela, entregou hai uns días a placa de “Restaurante Km 0” que distingue á Nave de Vidán como establecemento hostaleiro que aposta e comulga cos principios e valores da cultura “slow food”. Deste xeito convértese no primeiro restaurante de Compostela e dos primeiros en Galicia en obter esta certificación.

A Nave de Vidán empezou co seu proxecto gastronómico cultural no ano 2012 nun edificio restaurado que no seu día foi almacén de ferraxería. Está nas aforas de Santiago en dirección Noia, no barrio de Vidán. A súa oferta culinaria está baseada nos produtos do país e receitas tradicionais actualizadas, ofrece menú do día, con carta diferenciada para zona de comedor e para a zona de bar, e menús especiais para grupos. Ademais da gastronomía, a filosofía do local inclúe a organización de eventos culturais e de ocio como actuacións, obradoiros ou presentacións.

Comedor da Nave de Vidán. Foto: Nave de Vidán
Comedor da Nave de Vidán. Foto: Nave de Vidán
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalegON

Moi bo local.