Temas: EDUCACIóN CIG

A CIG denuncia que a Xunta ofrece "unha media de 8,23 euros mensuais" até 2020 para a homologación do profesorado

Censura que a proposta de Educación na mesa sectorial está incluída no aumento do 0,3% da masa salarial dos funcionarios

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2018 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A CIG criticou este mércores que a oferta da Xunta pola homologación dos salarios dos docentes galegos co resto de comunidades —80 euros mensuais máis— é un "engano", xa que "só" suporía para a Administración pública "unha media de 8,23 euros mensuais" máis até 2020.

Mesa sectorial de educación non universitaria
Mesa sectorial de educación non universitaria

A central nacionalista explicou que a suba proposta pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos está vinculada ao incremento do 0,3 por cento da masa salarial dos traballadores públicos, froito dun acordo alcanzado en marzo polo Goberno central e os sindicatos estatais.

A suba dos docentes, segundo a oferta da Administración, empezaría a aplicarse en outubro deste ano cun aumento de 10 euros para todos os profesores do ensino non universitario galego. En total, isto suporía un total de 40 euros ao finalizar 2018 —tres meses máis a paga extra de Nadal—.

Así, segundo datos facilitados pola CIG, esta contía "quedaría case 80 euros por baixo dos 119,54 que supón o 0,3 por cento da masa salarial total anual" que lle correspondería a cada docente pola súa condición de funcionario. "En 2018 a Xunta aforra diñeiro coa proposta", esgrimiu.

"O montante total que se pode considerar propio dunha proposta de homologación é de 233,23 euros desde outubro de 2018 até decembro de 2020, o que supón unha media de 8,23 euros mensuais. Iso é o que destina a Consellería á hipotética homologación", asegurou a CIG.

"NEGOCIAR DÚAS VECES OS MESMOS FONDOS"

Así as cousas, a central nacionalista afirmou que se trata de "negociar dúas veces cos mesmos fondos" e "impedir que varios acordos salariais se poidan acumular".

Así mesmo, o sindicato insistiu en que a Xunta mantén un "veto" na mesa sectorial de educación, xa que non trata "calquera cuestión que non fose a situación salarial do profesorado galego" en comparación ao resto de autonomías.

Por todo iso, a CIG convocou concentracións para este xoves nas sete cidades galegas ás 20,00 horas para demandar "melloras das retribucións e das condicións laborais".

Temas: EDUCACIóN CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta