Villares asegura que a Sanidade pública é un reflexo da "herdanza" que deixa un Feijóo "á fuga"

Censura que o PPdeG vexa "compatible" que compaxine a Xunta coa presidencia do PP. "Ao día seguinte de que Feijóo proclame a súa concorrencia á presidencia do partido, debe dimitir", esgrime Villares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, censurou que "os escudeiros" do xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, afirmasen que "era compatible" asumir a presidencia nacional do partido con continuar á fronte da Xunta de Galicia.

Luís Villares e o deputado Davide Rodríguez no hospital de Verín
Luís Villares e o deputado Davide Rodríguez no hospital de Verín | Fonte: Europa Press

Villares, en declaracións aos medios este xoves en Verín (Ourense), referiuse ás declaracións do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quen, cuestionado sobre a compatibilización de cargos, rexeitou falar de "futuribles que non se produciron" pero recalcou que Feijóo xa compaxina os cargos de presidente da Xunta e do PPdeG.

"Onte os escudeiros de Feijóo dixeron que era compatible a presidencia da Xunta coa do partido. Queremos facer unha advertencia moi clara, o que leva facendo nestes meses é usar a presidencia da Xunta en beneficio do partido", recalcou Villares.

A continuación, emprazou a Núñez Feijóo a presentar a súa dimisión como xefe do Goberno galego "ao día seguinte de que proclame a súa concorrencia á presidencia do partido" para, posteriormente, convocar eleccións autonómicas. Deste xeito, acusa a Feijóo de deixar de "comportarse" como presidente galego para actuar como "un home de partido manso e dócil que busca colocarse ben nese castin sucesorio que está a ser a carreira pola rúa Xénova".

Ademais, cre que a Xunta de Galicia "non pode ser nin o trampolín" de Feijóo para o seu salto a Madrid, "nin o flotador" en caso de "naufraxio" na súa carreira á presidencia nacional do PP.

HOSPITAL DE VERÍN

Villares visitou o hospital de Verín acompañado polo deputado autonómico Davide Rodríguez para denunciar as "carencias asistenciais" do complexo ourensán, especialmente nos servizos de traumatología, oftalmoloxía e pediatría debidos "á falta de especialistas".

A organización rupturista que a situación do hospital de Verín é un reflexo da "herdanza" que deixa un Núñez Feijóo "á fuga". "Déixanos un Hospital Comarcal de Verín cunha desatención completa en servizos esenciais como pediatría, traumatología, asistencia domiciliaria e paliativos", remarcou.

Así mesmo, alertou ante o estado de deterioración do edificio, no que "chove por dentro igual que por fóra", así como da "precarización" do persoal do centro que provoca, segundo Villares, que "cando se convocan algunhas prazas" existan profesionais "que non queren vir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta