Martiño Noriega confirmará en outono se repite como candidato mentres é arroupado por En Marea

O terceiro aniversario do goberno de Compostela Aberta en Santiago foi celebrado na carballeira compostelá de San Lourenzo coa presenza da maioría de cadros de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO | 16/06/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A 'familia' de En Marea case ao completo arroupou este sábado a Martiño Noriega no terceiro aniversario da chegada ao goberno da capital galega de Compostela Aberta. Nun momento de incerteza e tensións internas no espazo rupturista a nivel galego, poucas figuras de referencia de En Marea faltaron na foto xunto a Noriega, que ten a intención de manexar os tempos de cara a desvelar se optará á reelección.

Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino
Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino | Fonte: Europa Press

A un ano para unha cita nas urnas na que a esquerda rupturista xoga a súa consolidación no mapa político galego, a 'carballeira' de San Lourenzo acolleu a festa de aniversario de CA á fronte do Pazo de Raxoi. Unha cita que non se perdeu o portavoz de En Marea, Luís Villares, que chegou ao lugar acompañado por Xosé Manuel Beiras e algunhas das persoas de confianza do maxistrado na dirección do partido instrumental, cuestionada desde hai tempo por algunhas das figuras de referencia do espazo político.

En Marea aparcou este sábado as diferenzas para compartir mesa ao redor de Compostela Aberta. Alí estiveron os deputados estatais Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Yolanda Díaz, ou os parlamentarios galegos Antón Sánchez, Luca Chao ou Paula Quinteiro, a quen puido verse compartir foto de grupo con Villares, que o pasado venres se resignou a que a deputada continuará no Pazo do Hórreo logo de tres meses dun pulso que avivou as tensións internas do partido instrumental.

Tamén acudiron a San Lourenzo o número uno de Podemos Galicia, Carmen Santos, e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Así, a única ausencia destacable foi a do rexedor herculino, Xulio Ferreiro, que este domingo celebrará un acto similar ao organizado por Compostela Aberta e que servirá de aniversario polo tamén tres anos de goberno de Marea Atlántica.

"Se somos capaces de bailar e de tomar un vermú, por suposto que seremos capaces de facer fronte aos desafíos políticos", asegurou Villares en declaracións aos medios á súa chegada, nas que apelou á importancia de transmitir unha mensaxe de "unidade" ao redor de En Marea e mostrou o seu desexo de que Noriega repita como candidato en 2019.

CANDIDATO EN 2019

Con todo, o alcalde santiagués pretende manexar os tempos e non desvelará a súa decisión até o comezo do novo curso político. Será no outono cando confirme se opta ou non á reelección. Noriega afirma que aínda non tomou a decisión e que esta será reflexionada de maneira "colectiva", á vez que recoñece que situarse na carreira á Alcaldía con moita antelación podería supor un 'hándicap', lembrando que en 2015 non desvelou o seu salto desde Teo a Santiago até pouco antes dun mes para a cita coas urnas.

"Os tempos hai que medilos. Vou dar o período de reflexión que teña que dar; non é unha pose", remarcou, para logo teorizar con que os "tempos políticos non se viven como se vivían antes". "Nas últimas tres semanas pasaron dous presidentes do Goberno, tres ministros de Cultura e dous adestradores do Real Madrid", chanceou.

LIDERADOS

Xa na súa intervención, fronte aos Villares, Beiras, Carmen Santos, Antón Sánchez ou Yolanda Díaz; o rexedor santiagués quitou ferro aos "liderados" persoais e enxalzou os "colectivos", sobre os que, segundo Noriega, debe pivotar o proxecto de unidade popular.

"Os liderados que non se poñen ao servizo da xente son onanistas, no peor sentido da palabra. Teñen que sintonizar cos intereses dos veciños", reivindicou o tamén membro de Anova, que chamou a "non pensar en liderados persoais" porque suporía "dar pasos atrás". "Non hai máis aló", pechou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 Grande o Mestre

Home foi Tone o que aplaudiu a Pablemos cando falou das dúas nacións sen estado, Cataluña e País Vasco. Bo intento de facer como que non pasa nada despois das intrigas e coiteladas varias, e o golfiño faise o interesante claro que vai repetir a menos que salte algo de Cidadanía SL antes. http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

7 Su Señoría Deputada

Despois de insultar a Villares de todos os xeitos posibles ('hijo_de_puta', burla, descalificación, boicot, roldas prensa, ninguneo...), a el e ao que representa, xunto cosas bases, que apareza rodeado da chusma, dos oportunistas aproveitados e dos cómplices, era o que menos se espera!!! Definitivamente o vello pérdese polo protagonismo e perdeu o norte hai tempo (un erro pode disculparse, se persistes es moi tozudo ou estás vendido, que non todo se paga en diñeiro...), e a esperanza do Villares queda afundida dando cobertura a esta panda de impostores. Adeus Villares, que te salven os madrileños!!! Dalle unha aperta a Paula Quinteiro, un mimo á Luca Chao, maquillaxe e postureo á Yoli, entrega propina ao Toné, xabón ao Jorge e unha ficha a Martiño para que circule de novo!!!

6 Per

Medraron gracias a moda Podemos e gracias a Pablo daquela lider de moda,, hoxe por hoxe dubido poda seguir así,,,, o único que os separará será se perden votos (eu penso que bastantes),,isto é así en todos os partidos.

5 Gamela

xa que na foto tamén aparece Chili l https://twitter.com/sonChili quixera lembrarlle que a súa resposta á Carta Aberta á Marea de Vigo foi que "NON TIÑA NADA QUE DICIR"! http://www.galiciaconfidencial.com/...

4 Gamela

a carón da carballeira teñen un psiquiátrico privado que podería ser de moita utilidade especialmente para Villares, a ver se lle curan a súa esquizofrenia política (CERNA)

1 M. Monge

Moi ben Gamela, non agardamos menos de ti: despois de recomendar censura sobre os comentarios e conentadores que non che gustan, ditar modelos de comportamento, agora tratas de desprestixiar como doentes psiquiátricos aqueles que te incomodan (aprendeches do estalinismo ou da UPG con Pepiño de Tesis?). Es xente perigosa e altamente perniciosa para unha sociedade libre!

2 Gamela

Como era? Cu-cu-rru-cu-cú Paloma? Se a sociedade libre vén da man dos Villares... entón sí que xa non precisamos de Stalin nin siquera de Paco Rodríguez... Mira que intentar LAPIDAR a Paula Quinteiro é un xeito de crear unha "sociedade libre" Por favor !!! Nin siquera o PP foi tan lonxe...!!!

3 Carmen Lastra

Gamela, cando te pillan coas mans na masa, sexas ti (no mísero e case delictivo comentario anterior) ou a deputada impresentable (nas noites rupturistas despois da grave faltada colectiva do mediodía que se pode certificar cun video que está nas redes), xa hai que ser moi baixo para tratar de disculparse cunha gracia de cancionciña. Es lixo Gamela, do que fede a distancia e non serve para reciclar.

4 Gamela

Repito: a esquizofrenia política non sei se a darán curado nun psiquiatrico privado (pero Villares vai precisar tratamento se non deixa de frecuentar malas compañías CERNA!) // E polo resto dos vosos comentarios mellor non dar aprecio...! Pero "documentarse" igual era boa cousa... http://praza.gal/opinion/4666/ensin...

5 Su Señoría Deputada

https://www.lavozdegalicia.es/notic... https://okdiario.com/espana/galicia... Sobran comentarios para saber quen é Paula Quinteiro e a que tipo de trepas defienden algúns.

6 Gamela

Está ben saber onde te informas das posverdades que divulgan os que viven da carnaza informativa... Pero no caso de Paula Quinteiro se houbo algún TREPA foi Villares asesorado por CERNA (Mario-López Rico) que non é outra cousa que un Cabalo de Troia dentro de En Marea !!!