Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/03/2011 | Actualizada ás 11:39
O presidente do Congreso admitiu o martes o catalán, o galego e o euskera no debate dunha moción na que os partidos nacionalistas defendían poder usar as linguas autonómicas nesta Cámara. Con todo, o político socialista reprendeu posteriormente aos nacionalistas.
PP e PSOE lograron rexeitar a proposta. CiU, PNV, ERC BNG e IU criticaron aos dous principais partidos por negarse a normalizar a pluralidade lingüística no Congreso.
Bono permitiu o uso das tres linguas e asegurou que o facía para demostrar que no Congreso impera a liberdade e porque non quere ver mañá titulares "demagogos" nos que se diga que na Cámara Baixa impídese esa liberdade.
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, fixo a maioría da súa intervención en español, pero comezou e rematou en galego. O político do Bl tildou de incogruente que se teñan producido avanzos no recoñecemento das linguas cooficiais nas institucións europeas “e non se teñan producido avanzos no Congreso”. O recoñecemento no Congreso sería o mellor “contributo para facer do recoñecemento á diversidade un pilar fundamental da convivencia e o respecto entre os distintos pobos do Estado”.
Encubren o “cerril uniformismo” baixo argumentos economicistas
Respeito aos que apelan a argumentos economicistas, o que “tratan de encubrir a súa defensa cerril do uniformismo”. Criticou que non se plantexen os mesmos argumentos para defender que o Parlamento Europeo realice todos os seus traballos en inglés. “Nen oímos que se cuestione o labor do Instituto Cervantes. Nen oímos esos argumentos cando se defendía que a letra Ñ estivese nos teclados dos computadores, até o punto de facer da Ñ un elemento de afirmación nacional española”.
A primeira en utilizar un idioma distinto foi a deputada de CiU Montserrat Surroca, quen finalizou a súa intervención co extracto duns versos en catalán do poeta Joan Maragall: "Escoita, España, a voz dun fillo que che fala en lingua non castelá" ("Escolta, Espanya, a veu d'un fill que et parla en llengua non castelá").
O deputado do PNV Aitor Esteban falou en euskera durante a maior parte da súa intervención. Antes, Esteban lamentou en castelán que PP e PSOE sigan negando aos deputados "nin máis nin menos" que o dereito a falar na súa lingua.
Tras escoitar a Esteban, Bono asegurou que son moitos, incluído el, aos que lles agrada" oír falar en euskera, aínda que ha apelado á "intelixencia" e o "sentido común" do deputado para que defendese o seu moción nun idioma que puidesen entender todos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.