Todo apunta a unha "marcha voluntaria" no caso da moza lucense desaparecida

Non se descartan outras posibilidades, mais o seu vehículo foi localizado "perfectamente" estacionado nas inmediación da Estación de Autobuses de Lugo

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/06/2018 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O coche da moza do municipio lucense de Barreiros de 22 anos, que permanece desaparecida desde o pasado xoves, foi localizado "perfectamente" estacionado nas inmediacións da Estación de Autobuses de Lugo. Así o confirmou o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, quen asegurou que "ata o sábado non había denuncia e presentouse ese día na Comisaría da Policía Nacional (de Lugo) por parte do pai" da rapaza.

Cartel dunha nova desaorecida en Barreiros difundido pola familia en redes.
Cartel dunha nova desaorecida en Barreiros difundido pola familia en redes.

Carballo asegurou que "se localizou o vehículo, que estaba perfectamente estacionado na Estación de Autobuses" e puntualizou que "todo apunta, polo que manifestou a familia, que pode ser unha marcha voluntaria, aínda que non se descartan outras posibilidades". "Todo apunta a unha marcha voluntaria porque mantiña contacto con algunha persoa do Mediterráneo (outras fontes sitúan eses contactos cunha persona de Valencia), onde pode ter unha relación e puido marchar a ver a esa persoa", manifestou o subdelegado.

A Policía Nacional realiza "investigacións", matizou, para localizar á moza mariñá, coa revisión de "móbiles e redes sociais". Aínda que a principal hipótese apunta a unha "marcha voluntaria", o subdelegado do Goberno en Lugo matiza que "hai unha denuncia por desaparición e, por tanto, a Policía está a atar todos os cabos, para comprobar que non se foi en contra da súa vontade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta