En Marea pide ao Goberno que "rescate" a AP-9 coa mesma "rapidez" que o fixo con varias autoestradas españolas

Esta formación lembra que, no Congreso, xa puxo sobre a mesa que se destinen "todos os fondos" orzamentados para a construción da autovía A-57.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

En Marea reclamou ao Goberno central que preside Pedro Sánchez que "rescate" a AP-9 coa mesma "rapidez" que o fixo con varias autoestradas españolas que, segundo anunciou este luns o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, serán gratuítas unha vez terminen as súas concesións de explotación.

Autopista AP9 Chapela hacia Vigo
Autopista AP9 Chapela hacia Vigo

En concreto, a medida afecta directamente á AP-1 entre Burgos e Armiñón (Áraba), de 84 quilómetros, cuxa concesión vence o próximo 30 de novembro, e á AP-7, entre Alacante e Tarragona, e a AP-4, entre Sevilla e Cádiz, cuxas concesións conclúen o 31 de decembro de 2019 e contan con 468 quilómetros en total.

Así, Villares saudou a "nova política de peaxes" do Executivo español, ao que instou a facer o propio coa Autoestrada do Atlántico "non só coa mesma sensibilidade, senón coa mesma inmediatez".

Deste xeito, lembrou que o partido instrumental xa puxo sobre a mesa que se destinen "todos os fondos" orzamentados para a construción da autovía A-57 para, así, "rescatar" a concesión da AP-9, en mans de Audasa ata o ano 2048.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 650. mil euros da casa

Mentirosos mareados do podreiro expañolizante, pero si estamos gobernados polos presuposto do PP, non fixeron nadiña na oposición, todos sabemos que valen mais dous deputados do bloque que 10 do podreiros... e para que imos falar dos parsimonias dos deputados do pe$oes e pepeiros, e da golferancia do senado mellor non falar, din que son representantes, cobran moito e non fan nadiña... o podreiro deixou o pp a gobernar, e agora temos todas as peticións, e todo xogo, política de imaxen, os típicos comunicados de imprensa da covacha dos horrores do podreiros, o ovo da galiña, o face-hunger e o monstruo alien vai todo no mesmo paquete de age-marea-podreiros!