A Xunta activa a alerta laranxa por tormentas na montaña de Ourense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activou a alerta laranxa por tormentas na montaña de Ourense e amarela no resto da provincia ourensá, así como no sur da de Lugo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2018 | Actualizada ás 10:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia activou a alerta laranxa por tormentas na montaña de Ourense e amarela no resto da provincia ourensá, así como no sur da de Lugo.

Aviso por tormentas o 21 de xuño de 2018 en Galicia.
Aviso por tormentas o 21 de xuño de 2018 en Galicia. | Fonte: Europa Press

Segundo explicou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, en relación á información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) a partir das 11,00 horas deste xoves actívase a alerta laranxa por tormentas na montaña da provincia de Ourense, que poden ir acompañadas de fortes refachos de ventos e precipitacións intensas.

Pola súa banda, no noroeste, zona do Miño, sur e Valdeorras da provincia de Ourense e no sur de Lugo está activada a alerta amarela, concretou Vicepresidencia.

A Xunta lembra a necesidade de extremar as precaucións, así como seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web de emerxencias (www.112galicia.org).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta