Gas Natural Fenosa pasará a denominarse Naturgy

"Apostamos moito polo gas natural, pero non só polo gas natural. Queremos que nos recoñezan como unha enerxética e non só como unha gasista", dixo o presidente, Francisco Reynés.

Por E.P. | MADRID | 27/06/2018 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Gas Natural Fenosa pasará a denominarse Naturgy, cunha nova imaxe de marca coa que a compañía busca adaptarse á transformación na que se atopa inmersa desde a chegada á presidencia de Francisco Reynés.

Naturgy (Gas Natural)
Naturgy (Gas Natural) | Fonte: Europa Press

A compañía naceu baixo o nome de Sociedad Catalana para el Alumbrado por Gas no século XIX, e ao longo da súa historia tivo distintas denominacións, como Gas Natural SDG. En 2009, despois da fusión con Fenosa, marca popularmente identificada en Galicia, pasou a denominarse Gas Natural Fenosa. Reynés xustificou o cambio de denominación que adoptará este mércores a compañía na súa xunta xeral de accionistas no feito de querer ser "recoñecida como unha enerxética e non só como unha gasista".

En rolda de prensa con motivo da xunta, a primeira que afronta como presidente executivo de Gas Natural Fenosa, Reynés, sen desvelar o nome, destacou que ao longo da historia o grupo xa cambiou en varias ocasións o seu nome e que este novo cambio non obedece a "ningunha teima", senón á necesidade de adoptar un nome "curto" que agrupe o desexo de expansión internacional da empresa e de todas as actividades, "sen ser maioritariamente o dunha parte". "Apostamos moito polo gas natural, pero non só polo gas natural. Queremos que nos recoñezan como unha enerxética e non só como unha gasista", dixo respecto diso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta