Ana Pontón considera que a exdirectora de obra en Angrois non tería por que declarar

A voceira do BNG volveu a apuntar aos exministros de Fomento Ana Pastor e José Blanco como "máximos responsables políticos" do sinistro e declarou que, lamentablemente, "o PP e o PSOE preferiron aumentar esa sensación de impunidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A voceira nacional do BNGAna Pontón, descartou este venres que a recentemente nomeada presidenta de Adif e exdirectora de obra da curva de Angrois, entre outros tramos, a lucense Isabel Pardo de Beira Pousada, teña que declarar en sede xudicial polo accidente ocorrido o 23 de xullo de 2013 no que morreron 80 persoas e outras 144 resultaron feridas.

Ana Pontón en rolda de prensa.
Ana Pontón en rolda de prensa.

Así respondeu a líder nacionalista a preguntas dos xornalistas, á vez que volveu a apuntar aos exministros de Fomento Ana Pastor, actual presidenta do Congreso,  e José Blanco eurodeputado socialista, como "máximos responsables políticos" do sinistro. "Lamentablemente, o PP e o PSOE preferiron aumentar esa sensación de impunidade", denunciou.

De igual modo, negou que Pardo de Beira teña algún tipo de carga: "Creo que hai outras persoas que tiñan a máxima responsabilidade, como a dirección de Adif (por aquel entón) e a dirección de seguridade". Así mesmo, reiterou que o "importante" sería dotar ao Parlamento galego dunha comisión de investigación polo accidente, para, a continuación, censurar que o Estado "non ten unha investigación técnica independente" dos feitos, o que, ao seu modo de ver, "alarga a dor das vítimas".

Ademais, acusou ao Goberno central, desde hai case un mes dirixido polo socialista Pedro Sánchez, de "incumprir todos os prazos" da chegada do AVE a Galicia, así como que a Comunidade ten unha "falta de impulso" das liñas de proximidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta