Xornal confirma a marcha de Gómez adiantada por GC

O director caeu polas presións de Rajoy malia que a Constructora San José presenta o relevo como produto dun "mutuo acordo". Maria Val, até hoxe subdirectora, asume o cargo en funcións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/04/2011 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A construtora San José confirmou hoxe nas páxinas de Xornal de Galicia o relevo de José Luís Gómez como director, noticia adiantada o venres a primeira hora da tarde neste diario electrónico.

Segundo as fontes consultadas por GC, foi o propio Mariano Rajoy quen desencadeou a caída do xornalista. O líder do PP chamou ao construtor para protestar pola publicación dunha foto súa nun barco dunha familia de históricos do narcotráfico en Cambados, publicada por Xornal. Máis detalles aquí.

Na súa nota, Xornal tenta que a marcha de Gómez non se perciba como un conflito por mor das presións do PP:

"José Luis Gómez, de mutuo acordo coa empresa editora de Xornal de Galicia e Xornal.com, deu por finalizada no día de onte a súa etapa como director de ámbalas dúas publicacións. Gómez veu desempeñando con marcada profesionalidade a labor directora, dende o inicio das dúas publicacións". A editora gaba ao Gómez, a quen cualifica de "periodista de raza e prestixio". Gómez posúe gran parte das accións da empresa, a que seguirá vinculado.

Mostra de que o relevo se debe a unha decisión non prevista é que Xornal nomeu a subdirectora María Martínez Val "directora en funcións". É dicir, non había ningún substituto previsto para Gómez.

None

A Wikipedia recolle que María Martínez Val comezou a traballar no xornal El Ideal Gallego (1991), para pasar rapidamente a Galicia Hoxe e a El Correo Gallego. Accedeu posteriormente, a comezos da década de 2000 ao grupo Voz, onde foi directora de comunicación do grupo e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. En 2008 foi fichada como subdirectora de Xornal de Galicia polo seu promotor José Luis Gómez, cando a fundación do medio tras lograr o financiamento de San José.

Con todo,  máis alá de quen asume definitivamente o cargo, o que que máis preocupa aos traballadores é até que punto o construtor Jacinto Rey está disposto a seguir investindo nos medios.

Construtora San José suma ao fracaso do seu desembarco en A Nosa Terra, hoxe en concurso de acredores, un conflito que pode prexudicar a imaxe da cabeceira ante moitos lectores, pois Gómez tentou posicionar a Xornal como alternativa progresista e galeguista á prensa tradicional e agora o director cae, polo menos en boa medida, polas presións do líder do PP.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

16 Tomás

Estoy desolado. Que raro, que haya presiones a la prensa por parte de políticos de todo signo. Seguro que si vuelve el vil-partito tenemos a Gómez otra vez arriba.

1 Xan

Ogallá!!

2 Marcos

Gómez xa ten destino apalabrado. Podería ser o candidato de consenso para substituir a Sánchez Izquierdo na TVG despois do lío a interventora do PP facendo os informativos. Tería o apoio de parte do PP (No Xornal escrebían altos cargos do PP e acudían as súas mesas de redacción), do PSOE e do BNG. Ao tempo

15 Pisto

A Constructora dicta e os demais a calar e facer sen decencia nengunha, para mostra A Nosa Terra, Alfonso Eire, Manuel Veiga, Xan Carballa, Enrique Acuña, todo por un prato de lentellas. Bo exemplo da a UPG-BNG con certos elementos que ten como militantes

14 xogava

Non hai nada que facer, a mao que mece a cuna, xa se sabe de quen é

13 Gamela

Jacinto Rey PRESIDENTE ? http://gamela00.blogspot.com/2010/0... En breve fará CAIXA coa privatización de AENA (Pepiño + Lema) e mentras ten en nómina a + Galicia (Quintana - Aymerich) e agora xa só faltaba facerlle guiños a Mariano... Pero ao fin e ao cabo en Galicia temos últimamente DEMASIADOS BARCOS !!!

12 pejigo?

pois eu hoxe xa non o merquei, con moita dor da miña ialma

1 Xurxo

Pois eu fíxeno, merqueino, e a verdade é que non notei absolutamente nada de cambio na linea editora. Ata que non lea o contrario, segue a ser o mellor, e cónstame que hai moita xente dentro que, mentres lles deixen, van seguir pelexando. Non debemos ser os leitores os que acabemos de afundilos

2 Manoel Bello

Moi ben Xurxo. Iso é ser un galego do século XXI.

3 Hamlet

Xurxo e Manoel Bello. En certo senso hai un punto de vista que pode ser certo: a caída de Xornal sería un "dous por dun" para Rajoy. Ao mellor convén ser un chisco menos purista e pensar nos profesionais que hai dentro e que, estes días en especial, poden precisar axuda de fóra. Cando menos esta perspectiva leva á reflexión e a reconsiderar posturas.