Villares recomenda a Beiras e outros líderes que "propoñan solucións aos problemas do país"

"Pídolle que proveiten as súas intervencións para propoñer solucións aos problemas do país e para ilusionar á cidadanía con alternativas ao PP", dixo sobre as declarcións de Beiras, Martiño Noriega, Jorge Suárez, Xulio Ferreiro, Podemos ou IU sobre a proposta de CA de modificar a dirección de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, instou este luns ao histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e ao resto de "líderes sociais" do espazo político rupturista a "aproveitar as súas intervencións para propoñer solucións aos problemas do país e para ilusionar á cidadanía con alternativas ao PP".

Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova
Beiras e Martiño Noriega no III Asemblea Nacional de Anova

"Niso debemos centrar o noso discurso público", asegurou este luns Villares nunha rolda de prensa na que foi cuestionado sobre as declaracións de Beiras --un dos seus valedores hai dous anos para o seu salto á primeira liña política--. Nelas, o veterano dirixente lamentou o rumbo tomado pola dirección do partido instrumental, aos que pide que recoñezan que o proxecto "ten problemas" que deben ser solucionados.

"As declaracións pódense aproveitar mellor para outras cousas", respondeu o maxistrado lucense á pregunta de se lamenta a reflexión exposta por Beiras o pasado sábado ao termo da coordinadora de Anova que acordou a adhesión da formación nacionalista á proposta de Compostela Aberta para iniciar un proceso de reconfiguración do proxecto de En Marea.

En canto a isto, Villares remitiuse á postura da coordinadora do partido instrumental que el mesmo encabeza. A dirección de En Marea rexeita, como propón a formación que encabeza o alcalde santiagués, Martiño Noriega; a creación dunha "mesa da confluencia", pois entenden que sería "un paso atrás" que traizoaría o espírito do proxecto, xa que cren que se retomaría a idea dunha "coalición" de partidos superada, para a coordinadora, desde a configuración de En Marea como formación de adscrición individual.

"Os nosos representantes públicos e líderes sociais do espazo de En Marea deben aproveitar as súas intervencións para propoñer solucións aos problemas do país e para ilusionar á cidadanía con alternativas ao PP. Niso debemos centrar o noso discurso público", remarcou Luís Villares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PEDRO MENDRUGO

as solucions xa están propostas, e consisten en entregar o pobo galego atado de pes e maos a "comunista" agora quen manda e podreiros, pero non os tontos utis do podreiro galego, sinon os mandriles, podreiros mandriles e izquierda la unitaria, OS ZURDETANOS EXPAÑOLENTOS... viran a roubar, a sacar, a mandar os contratos de traballo de Ferrol a cadiz cartagenero... non preocuparse todo e pola unidade de expaña, Galiza ten que dar ten que contribuir o equilibrio, ha que dar os probes MANGALUCIENTOS, ha que dar a monoarquia, ha que dar os mandriles, ASI ESTAMOS CHEOS DE IMPOSTOS... -vieiras traidor da Galiza e entregador a expaña