Atropelado un menor en Miño e liberada do interior do seu vehículo accidentado unha moza en Oza-Cesuras

Un menor de idade foi atropelado no municipio coruñés de Miño e unha moza tivo que ser liberada do interior do seu vehículo accidentado no tamén coruñés concello de Oza-Cesuras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2018 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Un menor de idade foi atropelado no municipio coruñés de Miño e unha moza tivo que ser liberada do interior do seu vehículo accidentado no tamén coruñés concello de Oza-Cesuras.

Estrada en Irixoa, onde tivo lugar un accidente por falla de mantemento
Estrada en Irixoa, onde tivo lugar un accidente por falla de mantemento | Fonte: Cura de Xestoso

Pasadas as 19,30 horas do luns, en Miño foi atropelado un menor cando se desprazaba polo Parque do Mercado. Foi un veciño quen chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente, polo que o neno foi evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

O menor foi trasladado en ambulancia asistencial ao hospital materno-infantil Teresa Herrera, pero non se teme pola súa vida, segundo informaron a Europa Press fontes asistenciais.

ATRAPADA NO VEHÍCULO

Por outra banda, os servizos de emerxencias tiveron que liberar a unha moza atrapada no interior dun turismo que se saíu da vía cando circulaba pola DP-3203, ao paso polo concello de Oza-Cesuras.

O sinistro ocorreu ás 18,30 horas do luns, cando o vehículo no que viaxaba a ferida se saíu da calzada e chocou contra a barreira de protección no lugar de Burricios. Como consecuencia do impacto, a muller quedou atrapada e necesitou da axuda dos efectivos do GES de Curtis para abandonar o vehículo e ser atendida polos profesionais sanitarios.

Finalmente, foi evacuada unha moza de 18 anos de idade, con iniciais T.V.C. nunha ambulancia asistencial das 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital San Rafael e ao mesmo centro hospitalario tamén foi conducido un home, tamén de 18 anos de idade, de iniciais D.D.L., segundo informaron a Europa Press fontes asistenciais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pouco din

enton foi escarcerada do coche... utilizaron a pico de loro, utilizaron a palanca separadora, a cizalla, utilizaron a padiola de culler, utilizaron colchón de baleiro, falan de lesións de pronogstico reservado???