GC Aberto
Temas: EN MAREA

Baronías de reparto

Cando parecía superada, a pantasma da coalición e do reparto cupular volve a sacudir En Marea.

Por XurxoTH | GC ABERTO | 18/07/2018

Comparte esta noticia

Fai xusto agora 2 anos o espazo de En Marea consituíase baixo unha fórmula asemblearia de radicalidade democrática e adscripción individual. Fórmula que superaba á da coalición de partidos previa, na que as decisións se tomaban nunha mesa de partes onde os intereses persoais primaban antes que as demandas do colectivo, como se desmotrou uns meses antes, o 15 de Maio, na 1ª asemblea dunha En Marea que aínda mantiña o formato de coalición. Alí, a pesar de ser un clamor a petición de crear un partido instrumental para tentar conseguir grupo propio no Congreso na repetición das eleccións do 26X, por intereses persoais que chegaron incluso ata a chantaxe con ameazas de ruptura, volveuse repetir a coalición.

Alcaldes das mareas municipalistas galegas. EUROPA PRESS - Archivo
Alcaldes das mareas municipalistas galegas. EUROPA PRESS - Archivo

Resulta polo tanto incrible que haxa quen pretenda volver a ese formato de partes… salvo para quen representa ás mesmas. Porque estamos comprobando que agora esas partes que aceptaran o partido instrumental, realmente o fixeron porque contaban con manter o control do mesmo.

Tivemos unha primeira mostra disto cando se conformou a mal chamada “candidatura de consenso” ao Consello das Mareas: cuotas, vetos, imposicións, liberacións, foron a tónica desa negociación. Incluso chegando a facer partes das partes, tentando asegurar por algúns o control do espazo. Mais as inscritas foron intelixentes e non premiaron ese reparto cupular, para despeito das partes da coalición que contaban con ter máis músculo na organización do que realmente tiñan. Perderon o control do espazo nas primarias, ratificandose posteriormente este resultado no plenario de Xullo de 2017.

Comezaba entón a extratexia paralela dos coaligados. IU e Podemos, case sen implatación territorial en Galicia, trazaban o seu plan por libre en Madrid, unha folla de ruta que pretenden impoñer agora no noso país. Mentres Anova, descolocada, comezaba unha estratexia de boicot activo á direccion de En Marea co apoio dos 3 alcaldes das cidades. Un acoso e derribo tamén na estratexia comunicativa repetindo ata a saciedade que a dirección de En Marea só representa á unha minoría das inscritas coidandose á par, eso si, de boicotear todos os plenarios, encontros e consultas organizadas non fora a ser que se descubrise o farol.

Compre sinalar aquí a situación de claro devalo de Anova: apenas se xunta xente nas asembleas e congresos nacionais, a maior parte dos cadros políticos marcharon e a dirección acabou controlada por xente afín á Xeira, organización xuvenil famosa lamentablemente por varios casos de falla de exemplaridade e civismo. Xa só lles queda a figura de Beiras, o cal tristemente non dubidan en usar como reclamo de último recurso para espallar as súas medias verdades (que por certo, son as peores mentiras) contra En Marea, tentando así seguir vivos políticamente aínda que sexa en precaria situación.

Mentres, a organización estivo traballando por consolidar o espazo no país, isto é, apoiando ás mareas municipais en condición de igualdade, sen importar se son urbanas ou rurais, esten no goberno ou na oposición e sen impoñerlles marcas de parte, sempre de abaixo arriba  sendo elas as que tomasen as decisións. Así organizáronse os encontros municipalistas nos que através da achega colectiva de case 300 persoas de 60 candidaturas eleborouse a folla de ruta para as eleccións municipais, sendo ratificada posteriormente no plenario de marzo. Un acordo de colaboración entre iguais que están agora ratificando moitas desas mareas locais. Porque non, a proposta de colaboracion entre as mareas e En Marea non saiu de ningunha Coordinadora que queira interferir en ningures, senón da xente que participou en pé de igualdade nos encontros e nos plenarios do espazo, contrariamente ao que están dicindo de xeito interesado os partidos. Partidos que paradoxicamente prentenden decidir ata o nome das candidaturas dende Madrid co silencio cómplice dos seus aliados de conveniencia en Compostela.

Vendo iso, estes partidos e grupos lanzáronse á desperada nun último intento de volver ao escenario que lles é mais favorable, a coalición de partes. E para iso recuperaron unha das fórmulas máis escuras da vella política, as baronías territoriais, sendo Martiño Noriega o 1º en salir á palestra coa proposta da mesa de notables, pretendendo igualar estes ao espazo común, e mesmo plantexando botar do mesmo aos que non lles son favorables. A elección de Martiño non é casual: membro da coordinadora de Anova, son xustamente os que máis teñen que perder nesta loita cainita polo control do espazo.

É curioso aquí que se plantexe un “quitate ti para poñerme eu” e se diga que é unha proposta benintencionada. Non, non o é. Benintencionada foi a proposta rexeitada de incluír a 4 membros do sector crítico na coordinadora, beninencionada foi a proposta rexeitada no plenario de xullo de transacionar íntegramente o documento político presentado polo mesmos, benintencionadas son as continuas verbas de apoio do voceiro de En Marea a todos os gobernos municipais. Porque a diferencia dalgúns destes baróns, nadie atopará na hemeroteca unha soa saída de ton de Luis Villares cuestionandoos. En cambio a súa proposta de regresión democrática só pode ser benintencionada para o interese das partes, porque crea así un sistema feudal no que as baronías aristócraticas que as representan son as que deciden e mandan.

Porque o que aquí se plantexa é voar polos aires as bases do espazo como organización asemblearia. Instáurase o perigoso precedende de que se as decisións non son as que lle gustan aos partidos e candidaturas da antiga coalición, estes poden dar un golpe de estado cambiando as mesmas en calquer momento, o cal significa de facto dar o control do espazo ás partes sacándollo as inscritas.

Por iso é o momento de que En Marea defenda claramente o espazo democraticamente radical, no que o voto de todas as inscritas vale o mesmo e oporse frontalmente a este ataque. Non se pode negociar a destrucción dos principios do espazo. Agora máis ca nunca hai que ser fiel á posición prefixada hai 2 anos: as partes non deciden, decide a xente de xeito individual. Porque En Marea xa é un espazo que permite dar encaixe a todas as propostas, se alguén quere cambiar algo xa pode facelo, en igualdade de condicións que o resto das inscritas nos plenarios é nos grupos de traballo.

Mais se cadra ter que enfrontarse, argumentar e convencer cando o auditorio non está posicionado previamente ó teu favor é algo que asusta ata ao máis aristócrata das partes.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Galego non sometido

Poderiamos resumilo nun só refraneiro; "o que sembra tormentas, recolle tempestades". @s que decidiran que os seus aliados preferentes eran IU e Podemos agora laméntanse, ou algo así. É tempo de repensar antes que o nacionalismo fique nun mero testemuño.

6 Afiliado de base

Contraditorio, lamentábel e sospeitoso. Contraditorio é que critique “as cúpulas” precisamente alguén que de fai parte dunha; unha CÚPULA formada por unha coalición de tránsfugas (Cerna "mariopalleirista"), oportunistas (SQ) e traidores (“villaristas” de Máis Alá). Lamentábel é que pretenda dar leccións de ética, “exemplaridade e civismo” un coñecido delincuente da pesca furtiva. E sospeitoso é que conseguira redactar un artigo coma este un lumpen-analfabeto como o tal XFH. En conclusión, todo indica que este panfleto é obra da propia “coordinadora” de usurpadores de EM, que nas últimas semanas están moi nerviosos ao ver que se lles está a rematar o choio.

5 Gaiteiro

Decir que o Xeira é falta de exemplaridade é quedarse moi curto. O que son é unha pandilla de delincuentes con aspiracións políticas. O de Anova é penoso, coa potencialidade que tiña ese partido ao principio agora só serven para facer de muleta de Unidos Podemos.

4 Grupo pra-lamentar

Acordo ben desa asamblea do 15M e da sensación de ir alí a perder o tempo vendo despois o resultado final e como xa estaba todo decidido e ben atado dende Madrid.

3 Carol E.

"Plantexamento", "plantexar"... mis hogos. Xurxo TH, sempre estás a tempo de facer un CELGA, ho

1 Marga

E se mirases a lúa e non o dedo?

2 comunista independentista

CELGA? Este lumberas é mais de facer un CERNA.