Vázquez: "hai fotos que hai que explicar, como a de Rajoy"

O secretario xeral do PSdeG insiste en pedirlle ao PP que explique que facía o líder do PP nun barco propiedade dun coñecido clan de narcotraficantes da Arousa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/04/2011 | Actualizada ás 00:08

Comparte esta noticia

Nas últimas semanas, PSdeG e PPdeG están xudicializando a vida política. Os populares acusan aos socialistas de utilizar cartos públicos para pagar a Unións Agrarias e o PSdeG contraataca pedindolle explicacións por fotografías nas que se ve ao líder do PP, Mariano Rajoy, a bordo do Moropa, presuntamente relacionado co tráfico de cocaína na comarca da Arousa.

"Hai fotos que habería que explicar, como a de Mariano Rajoy que ninguén explicou", dixo este domingo Pachi Vázquez en relación as fotografías publicadas polo diarios Público e Xornal de Galicia e que, no caso deste último, precipitou a saída do seu director, José Luis Gómez.

O líder socialista insistiu, nunha entrevista na Cadena Ser, que alguén no PP, en referencia a Rajoy e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deberían explicar porque o presidente do PP estaba abordo dese barco. Precisamente, nin Rajoy, nin Feijóo respostaron a esta cuestión a pesar de ser preguntados expresamente por iso.

"Deshonrosa oposición"


De feito, o xefe do Executivo galego, lonxe de respostar, aproveitou a pregunta sobre a famosa foto para atacar ao PSdeG e acusalo de practicar unha "deshonrosa oposición" desde que están na oposición en Galicia e reprochoulle ao secretario xeral do PSdeG unhas acusacións que fixo contra el hai unhas semanas. "O tipo de oposición de aí, aí non é a oposición que necesita Galicia", sinalou ao referirse ás palabras de Pachi Vázquez de que "Feijóo e o narcotráfico estaban aí, aí".

"Esas declaracións as relacionei con datos que estaban naquel momento aí", respostoulle este domingo Pachi Vázquez. "Hai un delegado de Medio vinculado con estes datos que aínda non explicaron por que o destituíron", dixo en alusión a Evaristo Juncal, líder do PP de Calgas e que, presuntamente, vendeu varias empresas até a tres dirixentes do narcotráfico, incluídos Sito Miñanco e Pablo Vioque.

Vázquez tamén lle reprochou ao PP que relacione ao PSdeG cun suposto desvío de fondos públicos para o financiamento ilegal deste partido e advertiu; "está claro que o PP vai ter que render contas diante dun xuíz do que está a facer contra o partido e contra quen o di, ou sexa, os responsables: o presidente do partido que é Feijóo, e quen o di, o seu voceiro --en referencia a Antonio Rodríguez Miranda--".

None

Vídeo

Ademais das fotos publicadas por Público e por Xornal, Galicia Confidencial deu a coñecer, en exclusiva, un vídeo no que se ve a Rajoy dando unha rolda de prensa no Moropa.

O actual candidato a alcalde de Cambados polos conservadores, que foi oito anos  xerente da lonxa e que estivo con Rajoy no mesmo acto de campaña no que subiu ao Moropa, non lle advertira desta situación, como relata esta crónica de La Voz.

Rajoy subiu ao Moropa durante un acto das eleccións europeas de 2009, acto centrado precisamente en reivindicacións do sector do mar. E é que polo menos, dende 2006, a prensa local falaba abertamente da vinculación dos donos do Moropa co tráfico de cocaína. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

14 celidonio

Agrádame todo o que sexa luxar a imaxe do PP en xeral e do Rajoy en particular, é o que merecen. Pero non me comparedes, a foto do Quintana era moito máis impactante: a esquerda -falsa, claro está- navegando en iate da dereita que se beneficia do vento -a cambio de posibles axudas para un xornal diminuido -e logo pasado ao enemigo e outro liquidado, daquela maneira, coa axuda da UPG e do señorito Eiré- e baixo bandeira española... Non comparedes unha visita rápida e guiada polas malas compañías que o lecer a bordo do señor, que hai clases!

1 Xoán

A foto de Quintana correspondía a unhas conversas públicas das que se informou á prensa e que aconteceran anos antes de que La Coz de Galicia montase a campaña de desinformación. Non había relación con nengunha caste de delincuentes (non como aquí) e sinxelamente non era nin nova (fixérase público anos atrás) nin escandalizaba, posto que esa caste de conversas son moi comúns e non vexo que se poidan tirar acusacións de nada. Supoño que estar en paro é moi duro e que aceptaches o posto de becario do PP a cambio de que che dixesen que xa verían se che daban un posto de bedel.

2 celidonio

Meu xanciño -no peor senso do termo-, non poñas ao descuberto as túas miserias para facer calar aos demais. Es un manipulador, pois nos dous casos non hai novidade, xa foran publicadas e non escandalizaran no seu momento. Ti só ves dun ollo: chamarlle conversas públicas a pasear en iate de empresario que concorre a adxudicacións do goberno do que formas parte, e dicir que Rajoy ten relación con delincuentes por pasar por un barco de pesca amarrado, é moito dicir. Quédate cos postos de bedel e de merdeiro, oficio acaido no que sempre atoparás a quen servir, sexa do PP, PSOE ou BNG, que amos hai en calquera deles, e lacaios non faltan.

13 Ten carallo a cousa

Arrecarallo, o das papas na boca anda coa farlopa, quero decir " co maropa ".

1 ten carallo...e mais bén.....

Andan todos....pero mira que manda carallo....todos teñen lavanderias....ou como é...??

12 os de sempre

parece que non hai mais cousas importantes de que falar que da foto dun tipo que sae hasta na sopa e que aínda lle estamos dando cancha,a este paso facémoslle un monumento e lle facemos unha foto para seguir falando del.

11 artai-gz

Foron falar os do PSdeG, que case que son peor. Como a fame e as gañas de comer, un falar.

1 Porco Jones

"Si se tienen en cuenta otros delitos, el resultado es que más de 80 candidatos -más del 50% del PP y cerca del 35% del PSOE- están implicados en casos que investiga la justicia.".....Malos serán, agora que pior, IMPOSIBLE!

2 serafín

Porquiño, na memoria da fiscalía -que non é tendenciosa de ser mala cos falsos socialistas, precisamente- hai máis casos de imputados do PSOE que do PP. Claro que iso os cómplices do BNG non o vedes. Lume coas ratas da política!

3 Porco Jones

serafín, a memoria da fiscalía nopn a nomeei para nada, isa frase refírese ao número de imputados que presenta cada partido ás eleccións. Se queres xogar cos números, xoga, que eu tamén sei matemáticas, o importante o feito é que tanto os "PPodres" coma os "Sociatas" están podres ata o cerne. Uma pregunta ¿cantos imputados hai de cada partido na memoria da fiscalía? ¿cantod de PP? ¿cantos do PSOE? ¿cantos do BNG?.

10 filantrópico

Queren moverlle a silla a Vázquez,despois do 22-M cando se confirme o que están publicando nas enquisas,alguen dende Ferraz veña a Galicia a poner orden.