Villares acepta o diálogo con Compostela Aberta pero quere apertura para os inscritos

A dirección do partido instrumental manterá un encontro "bilateral" con CA para estudar a súa proposta.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/07/2018 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, mostrouse receptivo a manter "todo" o diálogo co resto de forzas e mareas que conforman o espazo político como plantexa Compostela Aberta. Con todo, di que non aceptarán que as "aristocracias" políticas "tutelen" as decisións do proxecto ás costas das "persoas inscritas".

Escola de Verán de En Marea en Pontevedra. EN MAREA
Escola de Verán de En Marea en Pontevedra. EN MAREA | Fonte: Europa Press

"Volver a mesas onde as persoas inscritas non saiban de que se está falando e que tutelen procesos que xa son democráticos, non o podemos aceptar", incidiu Villares, que saúda o ofrecemento ao diálogo realizado pola formación que lidera o rexedor compostelán, Martiño Noriega, pero rexeita "mesas de notables que restrinxan a participación, de costas aos inscritos".

Con motivo da Escola de Verán Unitaria organizada en Pontevedra por En Marea, Luís Villares reivindicou o partido instrumental como un "espazo político plural, aberto e participativo, onde cabe todo o mundo", por contraposición ao que cualificou como "aristocracias políticas que poidan decidir polos demais".

"ENCONTRO BILATERAL"

Deste xeito, segundo confirmou o portavoz da coordinadora, Gonzalo Rodríguez, en declaracións aos medios tamén en Pontevedra, a dirección de En Marea manterá un encontro "bilateral" con Compostela Aberta para abordar a súa proposición, orientada a reconfigurar o espazo político.

A marea compostelá propón adiantar as eleccións ao Consello das Mareas ao mes de setembro --terían que celebrarse en xaneiro-- e articular unha "mesa da confluencia" na que están chamados a participar, ademais da dirección da propia En Marea, os partidos que formaron a primeira coalición --EU, Anova e Podemos-- e as mareas de Santiago, A Coruña e Ferrol.

Segundo indicou o pasado venres o alcalde compostelán, Martiño Noriega; a intención de Compostela Aberta é que a "mesa da confluencia" se reúna antes de que remate o mes de xullo. Antes terá lugar ese encontro entre a dirección do partido instrumental e a marea santiaguesa, para a que tampouco hai data fixada aínda.

VILLARES CRITICA OS "FOROS HERMÉTICOS"

"Avanzamos nestes dous anos na constitución dun espazo unitario", explicou o portavoz de En Marea, quen puxo estas xornadas como unha "boa mostra" de "como deberían ser todas as mesas de traballo, nin pechadas nin restrinxidas a unha aristocracia política ou uns notables", insistiu, descartando foros "herméticos onde non haxa luz nin taquígrafos".

"Pode vir calquera, sexa de En Marea ou non, a participar e a debater, e de aquí sacaremos conclusións para a nosa acción política", argumentou que "este é o tipo de traballo" propugnado desde En Marea "como verdadeiro espazo de confluencia".

ESPAZO COOPERATIVO

Luís Villares referiuse a En Marea como un "espazo cooperativo" formado polas mareas municipalistas e cuxos integrantes son "libres, iguais e fraternos". Neste sentido, o seu portavoz defendeu un discurso enfocado a ir "construíndo, pinga a pinga ese mar, e sumando esforzos".

Para Villares, "a agregación de persoas e colectivos dá lugar á perda de pureza ideolóxica", aínda que favorece "a maior transversalidade política e social", apostando por este modelo como "a fórmula máis apropiada para chegar ás maiorías sociais".

PROGRAMA

Como antesala dos actos programados por En Marea de cara ao Día da Patria, o 25 de xullo, esta Escola Unitaria de Verán aborda aspectos relacionados co urbanismo, a cultura, o desenvolvemento económico e o marco europeo. Baixo a lema 'Dereito á esperanza', unha das mesas de traballo reúne á socialista María Xosé Porteiro, a nacionalista Tereixa Novo e Marilar Aleixandre, inscrita en En Marea.

Así, após a moción de censura e o cambio de Goberno Central que, segundo Villares, xerou "un momento de alegría social e alivio por sacar ao PP do poder", o portavoz de En Marea apostou polo encontro "coas demais forzas políticas" para "fomentar o debate e que a sociedade vexa que é posible unha alternativa integral en Galicia ao PP".

A última sesión destas xornadas está reservada a "reflexionar" sobre a situación actual de En Marea e como enfocar o "espazo do futuro", adiantou Villares. Das conclusións da Escola Unitaria sairá tamén a decisión sobre a periodicidade coa que se celebrará e da posibilidade de "rotar por toda Galicia como escola de verán e de inverno". A escola de verán que contará coa participación do referente nacionalista Xosé Manuel Beiras, que intervirá pola tarde. Quen non estará será Antón Sánchez, portavoz de Anova, que declinou formalmente a invitación a acudir efectuada pola dirección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 o seguro de vida mi villano...

moitos son militantes do PCE autenticos submarinos do partido podreiros, cando non ha vergonza non ha vergonza, -villano esta xogando con lume pois o vello -Vieiras anda polas asambleas con machadas e cóitelos, e martelos, incluso vai con motoserras, di que e para cortar os eucaliptos das fincas, outros opinan que anda buscando a ocasión... -VILLANIAS o mellor e ir con chaleco blindado de chumbo do bo, de ir con casco, non ve ou non lle contaron o que pon no wáter de mulleres os grafitis con ameazas de Morte, alguns din que viron sair o vello do retre ... o debate pode rematar en execución... o debate pode rematar en purga de villanos!!!!

1 RAMIRO DE YOLI

Hai un acordo entre Compostela Aberta e Izquierda Unida, para que unha concelleira de Izquierda Unida sexa a candidata ó Concello de Compostela e Martiño Noriega sexa o candidato á Xunta de Galicia